portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
09/08/2019
Saen á venda as entradas para o Sinsal SON Estrella Galicia Museo do Mar. 7 e 8 de setembro, Vigo. Con Rocío Márquez, Y La Bamba, Mary Lattimore, FAIA, Iko Cuyagua e ...
09/08/2019
O Festival Jazz de Ría confirma a programación da súa 3ª edición
09/08/2019
Silvia Penide "El efecto boomerang"
06/08/2019
A solidariedade e a presenza feminina transversal na programación, sinais de identidade do Revenidas 2019
06/08/2019
Hoxe comeza o 33º Festival Noroeste Estrella Galicia, que encherá as rúas da Coruña con seis xornadas de música ao vivo
01/08/2019
17º Ribeira Sacra Festival - Paisaxe. 19-20-21 xullo-2019

Concertos
xoves 25 de xullo do 2019 ás 22:30 h.
Joey Defrancesco Trío 
Praza da Ferraría, Pontevedra. De balde.



nota:

INICIO

PROGRAMA

ARTISTAS

LUGARES

HISTÓRICO

CONTACTO
JOEY DEFRANCESCO TRÍO
Xov 25/07
Praza da Ferraría
22:30 h Entrada gratuíta
PreviousNext
Nado e criado en Filadelfia, De Francesco é un magnífico organista, trompetista e vocalista de jazz. Tanto o seu avó coma o seu pai foron aclamados intérpretes, especializados neste xénero musical, polo que se pode dicir que estivo rodeado de acordes e melodías desde o seu nacemento.

Joey De Francesco está dotado dun don natural para a música. Con tan só cinco anos xa tocaba o órgano, e aos dez empezou a actuar nalgúns clubs musicais da súa cidade, chegando a ser o teloneiro de figuras consagradas como B.B. King ou Wynton Marsalis e a ser finalista do prestixioso Concurso Internacional de Piano Thelonious Monk, sendo tan só un neno.

Aínda moi novo, foi recrutado nin máis nin menos que por Miles Davis para tocar xunto a el nunha xira mundial. Compartiu escenarios e estudios de gravación con artistas tan importantes como Ray Charles, Van Morrison, Diana Krall, Nancy Wilson, George Benson, Grover Washington Jr. ou John Scofield.

Foi candidato en catro ocasións aos premios Grammy e forma parte do Salón da Fama do Órgano Hammond desde 2014, ademais de encabezar durante os últimos quince anos as listas de preferencias nas enquisas tanto dos críticos como do público en xeral, publicadas pola prestixiosa revista de jazz DownBeat.

Joey De Francesco declárase un rendido admirador do lendario teclista Jimmy Smith, e baixo a súa influencia foi o responsable do renacemento musical do órgano de jazz a mediados da década dos anos 80 do século pasado, poñendo todo o seu virtuosismo ao servizo dun instrumento tan especial como é o órgano Hammond B-3, que habitualmente toca nas súas actuacións en directo, ademais da trompeta.

Trátase dun artista moi completo, e neste sentido cabe apuntar que en 2009 compuxo a música da película Moonlight Serenade, protagonizada por Amy Adams no papel dunha cantante de jazz, pero tamén foi produtor do filme e ata interpretou a un dos seus personaxes. Ademais, dirixe e presenta un programa semanal sobre o mundo do jazz na emisora de radio por satélite SiriusXM.

De Francesco é un músico moi prolífico. Publicou case corenta discos propios, e colaborou en innumerables gravacións doutros artistas. Entre os seus lanzamentos máis recentes, cabe destacar You're Driving Me Crazy, (2018) no que contou coa participación estelar de Van Morrison, e o seu último álbum, lanzado este mesmo ano, titulado In the Key of the Universe.

FORMACIÓN:
Joey DeFrancesco: órgano Hammond, trompeta y teclado
Troy Roberts: saxo tenor
Khary Abdul Shaheed: batería



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo