portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
09/08/2019
Saen á venda as entradas para o Sinsal SON Estrella Galicia Museo do Mar. 7 e 8 de setembro, Vigo. Con Rocío Márquez, Y La Bamba, Mary Lattimore, FAIA, Iko Cuyagua e ...
09/08/2019
O Festival Jazz de Ría confirma a programación da súa 3ª edición
09/08/2019
Silvia Penide "El efecto boomerang"
06/08/2019
A solidariedade e a presenza feminina transversal na programación, sinais de identidade do Revenidas 2019
06/08/2019
Hoxe comeza o 33º Festival Noroeste Estrella Galicia, que encherá as rúas da Coruña con seis xornadas de música ao vivo
01/08/2019
17º Ribeira Sacra Festival - Paisaxe. 19-20-21 xullo-2019

Concertos
mércores 21 de agosto do 2019 ás 22:00 h.
Xoel López
Parque da Xunqueira, Vilagarcía de Arousa. De balde.


nota:

| Concerto de balde no o día 21 de agosto, dentro da semana das Festas de San Roque.

| | Nado na Coruña en 1977, Xoel López - Página Oficial é un dos artistas máis representativos e influíntes da nova canción española. Aínda que sempre se moveu entre os sons do pop-rock alternativo e o folk clásico, defínese como un artista libre.

Xoel López douse a coñecer e triunfou con “Deluxe”, formación coa que tivo unha fructigera carreira desenvolvida entre o ano 2001 e 2009 con éxitos tan soados e cantados como “Que no”. Ese último ano inicia un proxecto en solitario e da o salto ao Continente Americano. Froito desa experiencia inicia unha nova etapa gravando en 2012 o seu primeiro disco como Xoel López, “Atlántico”, polo que foi o gran vencedor da Gala dos V Premios de la Música Independente celebrada en xuño de 2013 en Madrid, na que Xoel se fixo con dous dos principais galardóns: Mellor Álbum de autor e Mellor Artista Nacional, categoría á que se presentaran preto de 400 propostas.

En 2015 chega o segundo traballo discográfico “Paramales” e en 2017 o terceiro e, ata o de agora, o último, “Sueños y Pan”. Os temas deste disco serán os que Xoel López e a súa banda presentarán no concerto do 21 de agosto en Vilagarcía, no que tamén haberá espazo para repasar outros grandes éxitos da súa carreira profesional, como “Buenos Aires”, “Tierra” ou “El Cielo de Madrid”, entre outros.



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo