portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
03/12/2019
Cristina Pato organiza este xoves unha mesa redonda na Universidade de Nova York sobre as linguas minoritarias en España
02/12/2019
J Teixi Band “Letra y música (2000/2018)”
28/11/2019
Mermelada “Memorias de un tren” (1979-1994)
18/11/2019
Guadi Galego presentou a súa nova "Immersion" na Sala Capitol, 15-nov-2019
13/11/2019
Dani Flaco "Al alimón"
28/10/2019
Guadi Galego "Immersion"

Concertos
mércores 14 de agosto do 2019 ás 21:30 h.
III Festival de Jazz: Xan Campos Trío + Mayte Alguacil Quartet
Arboreda da Xunqueira, Moaña. De balde.



nota:

O Festival de Jazz de Moaña consolidase con esta 3ª edición como un dos festivais de jazz máis importantes de Galicia cun cartel internacional de máximo nivel.

Como xa é habitual, entre o 13 e o 14 de agosto celebraráse o Festival de Jazz de Moaña. Será na arboreda da Xunqueira, un marco incomparable onde se poderá desfrutar do mellor jazz galego, nacional e internacional. Nesta 3ª edición destaca a participación de algúns dos grupos e músicos máis importantes do jazz a nivel mundial. Figuras coma os americanos Kurt Rosenwinkel, Greg Hutchinson ou Michael Kanan mistúranse con músicos nacionais como Mayte Alguacil e Jorge Rossy e cos galegos Xan Campos e Iago Fernández nun cartel de altísimo nivel digno dos festivais máis punteiros do país.

Os encargados da apertura do festival son André Carvalho Group, ás 21:30 horas, quinteto a cabalo entre novaiorque e portugal liderado polo contrabaixista André Carvalho. Para deixar paso a Kurt Rosenwinkel Standards Trío, que comezarán a súa aactuación ás 22:45 horas. Kurt Rosenwinkel é un dos guitarristas máis importantes e influíntes do jazz dos últimos 20 anos. Acompañado por Alex Claffy no contrabaixo e Gregory Hutchinson á batería, descrito por Jazz Magazine como "o baterista da súa xeración" e un dos músicos máis respectados do noso tempo

O día 15 o festival comezará o medio día, ás 12:30 horas, cunha sesión vermú a cargo de Antonio Otero Quartet. Para logo continuar ás 21:30 horas co Xan Campos Trío, un dos proxectos galegos con maior traxectoria e proxección. Ás 22:45 horas seguiremos con Mayte Alguacil Quartet. A catalana Mayte Alguacil, unha das mellores voces do país, estará acompañada por un trío de luxo. Michael Kanan, Horacio Fumero e Jordi Rossy. Tres dos músicos máis cotizados da escea jazzística actual.

O festival rematará cada día cunha jam sesion onde todos os músicos presentes poderán compartir o esceario. O primeiro día o trío de David Puime será o encargado da apertura desta jam sesion. Mentres que o mércores será Diego Alonso co seu trío quen se encargará da apertura.



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo