portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
10/01/2020
A Banda da Loba "Fábrica de luz"
10/01/2020
o Esmorga Fest recibe o ano confirmando 4 novas bandas ao seu cartel : Viva Belgrado, Le Temps du Loup, Böira e Moura
09/01/2020
libro disco "Magín Blanco. O camiño da luz", por Carlos Rego
05/01/2020
o 2019 para Ábrete de Orellas
27/12/2019
Leilía enchen dous días no Principal de Compostela e gravarán un DVD que sairá á venda en 2020.
25/12/2019
María Fumaça "O veleiro verde"

Concertos
xoves 19 de setembro do 2019 ás 21:00 h.
Manuel Gutiérrez Trío 
Casa das Crechas, Santiago de Compostela. 8 €


nota:

Neste 2019 Manuel Gutierrez está a presentar o segundo traballo como lider da formación a trío; "Unexpected Trip".
Este proxecto é unha proposta fundamentalmente jazzística, aínda que aberta á interacción con outras estéticas. O son do grupo está baseado en composicións orixinais, todas elas do propio Manuel Gutierrez, e na busca dun espazo sonoro común no que poidan convivir as propostas estéticas dos seus compoñentes. A idea é partir da liberdade individual para conseguir un son de conxunto, ou sexa, que cada un achegue as súas ideas e a súa personalidade, poñéndoas ao servizo da causa común. Unha característica fundamental dos tres compoñentes do grupo, é a súa experiencia en todos os campos da música :grabaciones, concertos, bandas sonoras, docencia; e en diferentes estilos: jazz, blues, rock, hip-hop, folk, etc; aínda que a súa actividade fundamental estea centrada no Jazz, o que garante unha visión extensa do feito musical, e unha amplitude de miras nos formulacións estéticas libre de ataduras e clixés.



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo