portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
13/11/2019
Dani Flaco "Al alimón"
28/10/2019
Guadi Galego "Immersion"
22/10/2019
Ortiga "Chicho y sus chichas"
15/10/2019
Caniche Macho "Venganza"
13/10/2019
Jorge Drexler volve sorprender con "Silente". Pazo da Cultura de Narón, 12-outubro-2019
09/10/2019
Sabela King and the Heartbreakers

Concertos
sábado 09 de novembro do 2019 ás 21:00 h.
Outono Festival: The Reverend Shawn Amos and the Brotherhood + Los Torontos 
Sala Capitol, Santiago de Compostela. 20 / 24 €



nota:

CONCIERTOS SALA CAPITOL
20 € (+gastos) en venta anticipada
24 € en la taquilla de la sala
ABONOS SALA CAPITOL
40 € (+gastos) hasta el 31 de septiembre
48 € (+gastos) a partir del 1 de octubre
incluyen acceso a los 3 conciertos de la Sala Capitol

Entradas en:
Tenda A Reixa (Santiago)
Honky Tonk y Discos Elepé (Vigo)
RockBox (A Coruña)
www.salacapitol.com
www.ataquilla.com


O sábado 9 de novembro o ciclo retomará a súa andaina coa súa segundo gran cita na Sala Capitol, onde o estadounidense The Reverend Shawn
Amos xunto a The Brotherhood presidirá unha noite imprescindible para as e os amantes do xénero na que tamén actuará o combo barcelonés, arxentino e canadiense Los Torontos, que aterrarán cun dos seus frenéticos directos cheos de rock ́n roll, frat rock, surf music e pop dos anos 60.
Influenciada pola música de finais dos 50 e primeiros dos 60, a formación con base en Barcelona e integrada por Agustí Burriel (Velvet Candles), Spencer Evoy (MFC Chicken), El Lega (Legacaster), Xavi Ruiz (Los Locos del Oeste) e Berto Martínez (The Kabooms) practica rock ́n roll sen concesións mesturado con rhythm&blues e frat rock, unha combinación que converten cada un dos seus concertos nunha festa sen final na que se atopan referencias como The Wailers, The Sonics, Lee Dresser, The Sheppards, Sam The Sham ou os mesmísimos Chuck Berry e Johnny Guitar Watson.
Mais seguramente será un dos bluesman máis recoñecidos no actual panorama internacional o que protagonizará coa súa singular xenialidade esta segunda gran noite de Outono Códax Festival. Así, The Reverend Shawn Amos chega por primeira vez a Galicia xunto aos impecables The Brotherhood
co seu contundente e emocional directo, unha viaxe a tempos pretéritos, a unha tenda de campaña evanxélica chea de fe enerxética lista para converter aos máis obstinados coa mensaxe do “Reverendo”, cargado sempre dun blues fondamente alegre e de melodías que farán bailar a todas e todos os fans do Outono Códax.
Nado en Nova York, pero afincado nos Ánxeles, The Rev xurdiu nesta última cidade nos anos 70 seguindo a estela de lendas como Marvin Gaye e Quincy Jones, pero tamén de todo tipo de músicos da rúa. Fillo do axente musical e emprendedor Wally "Famous" Amos e da cantante de rhythm&blues Shirleey May, Shawn atopouse pronto coa música e leva toda a vida traballando nela. A súa rica carreira tamén como produtor inclúe, por exemplo, distintas retrospectivas de mitos como Solomon Burke, John Lee Hooker ou Johny "Guitar" Watson, e creou e produciu, entre outros, álbums de gran calado como o nominado aos Grammy “Rhapsodies in Black: Music and Words from the Harlem Renaissance".
Como vocalista leva recollendo inmellorables críticas por todo o mundo grazas aos seus catro traballos de estudio, pero tamén aos seus inigualables concertos, onde nunha sempre impecable e elegante proposta, destila blues como principal ofrecemento, pero tamén soul e pop cos que o frontman fai as delicias do público. Segundo a crítica especializada, “un predicador do blues cunha voz sedutora e un xeito de tocar a harmónica que transforma a quen o escoita nun verdadeiro crente dende a primeira nota”.



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo