portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
16/07/2019
LORA, The Rapants e Portland, grupos gañadores do XXI Concurso de Bandas e Solistas de Cuac FM 2019
15/07/2019
o Interceltique de Lorient adicado a Galicia conta con Carlos Núñez, Aliboria, Milladoiro e Mercedes Peón entre os artistas principais
12/07/2019
Óscar Quant debuta co libro "Bailando sobre el parqué"
10/07/2019
Os Amigos dos Músicos "Segundo fogar"
18/06/2019
Dios Ke Te Crew "O ciclo da serpe"
17/06/2019
Los Eternos "Vientos solitarios"
Comeza a venda de abonos e entradas para Sinsal SON


nota:

O luns 6 de maio comeza a venda de tickets Sinsal SON Estrella Galicia 2019 para público xeral. Luns, abonos público xeral, martes 7 maio, entradas

Comeza a venda de entradas para o Festival Sinsal SON Estrella Galicia, que se celebra do 25 ao 28 de xulllo en San Simón (Redondela). O luns 6
de maio ás 12h comeza a venda de abonos para público xeral e o martes 7, as entradas de día. Na plataforma eventbrite. Sinsal SON Estrella Galicia (San Simón, Redondela, Rías Baixas) é unha iniciativa de Sinsalaudio. Un festival de música localizado nunha illa á que se chega só en barco, con cartel secreto, diurno e con aforo limitado a 800 persoas por día. Mellor Festival de Pequeno Formato nos Premios Fest 2015 e nos Iberian Festival Awards 2019. Do 25 ao 28 de xullo de 2019.

VENDA DE ENTRADAS E ABONOS SINSAL SON ESTRELLA GALICIA 2019
25 a 28 de xullo, Illa de San Simón, Redondela

Durante os primeiros días de maio de 2019 comeza a venda de abonos e entradas para o festival a través da plataforma eventbrite.
Anota as datas!

.-Luns 6 de maio ás 12h. Ábrese a venda de abonos ao público xeral. Lembra que hai 2 tipos de abono: venres 26 + sábado 27, venres 26 +
domingo 28. O cartel de sábado e domingo será o mesmo e non hai abono para eses dous días. O número máximo de abonos por compra: 5.

-Martes 7 de maio ás 12h. Ábrese a venda de entradas de día.
Lembra que hai 4 entradas distintas para cada un dos días: xoves 25, venres 26 , sábado 27 e domingo 28.
Xoves e venres o festival desenvólvese en horario de tarde con 4 concertos en escenarios principais cada xornada; sábado e domingo durante todo o día, con 7 concertos mínimo en escenarios principais. O número máximo de entradas de día por compra: 5.

-De especial interese para aquelas persoas que ides vir a Sinsal SON Estrella Galicia 2019 con pequenas e pequenos.
Hai un cupo de abonos e entradas para menores (até 16, incluídos) cada día a prezo reducido.
Toda persoa, independentemente da súa idade, ocupa praza no barco e suma aforo na Illa de San Simón, polo tanto debe ter a súa entrada (si, os
bebés de 0 a 3 tamén, para iso se habilitan prazas de prezo moi reducido). Haberá actividades específicas para crianzas xoves 25 e domingo 28 de xullo.



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo