portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
13/11/2019
Dani Flaco "Al alimón"
28/10/2019
Guadi Galego "Immersion"
22/10/2019
Ortiga "Chicho y sus chichas"
15/10/2019
Caniche Macho "Venganza"
13/10/2019
Jorge Drexler volve sorprender con "Silente". Pazo da Cultura de Narón, 12-outubro-2019
09/10/2019
Sabela King and the Heartbreakers
Los Enemigos no Auditorio de Ferrol, 4-maio-2019


Entre a oferta de regresos musicais predomina a mera nostalxia, pero a de Los Enemigos é unha das excepcións. Nunca estiveron de moda ou gozaron dunha grande popularidade, polo que a súa sona vén marcada pola calidade e honestidade dun cancioneiro que emociona e incomoda sen filtros. Desde a súa separación con aqueles magníficos concertos de despedida no 2000, Fino Oyonarte, Josele Santiago e Chema "Animal" Pérez continuaron coas súas respectivas carreiras ou ocupacións. Regresaron máis dunha década despois por petición popular e cando sentiron que seguían a soar ben xuntos. Ademais, non se limitaron a tirar só de clásicos para faceren máis caixa que antes de se separar coma banda. Reapareceron currándose un novo álbum, "Vida inteligente", que encaixaba perfectamente co seu repertorio clásico. Poucos poden dicir o mesmo.

Ademais do mencionado trío máis estable da formación, no regreso a Ferrol (a última vez fora na desaparecida Sala Zebra na xira de "Nada") faltaba Manolo Benítez na outra guitarra, substituído agora por un recambio natural: o malasañeiro David Krahe (Los Coronas, Josele Santiago ...). Os catro ofreceron no Auditorio de Ferrol un repertorio imbatíbel, como se agardaba, con parada en todos os discos de estudio. O público, como se agardaba tamén, chegaba entregado e perdoaba algunha que outra deficiencia no son e os despistes de Josele nalgún versos. Pouco importaba, pois todo se entendía nun ambiente de reencontro con enemigos queridos, presenciando nós a súa camaradería no palco e recibindo eles o agarimo e respecto roqueiro da audiencia. Nesta, contábanse por ducias as persoas que non aguantaron nin un par de cancións para se achegar ao palco e estar preto, como acontece nas salas. A resposta de Josele foi un aceno coa man animando o resto a facer o mesmo ou simplemente a poñérmonos en pé.

Tocando rock and roll en auditorios ... Quen llelo ía dicir cando suaban en salas e garitos polo Estado! Pois a gozar da ocasión, porque cada membro está ao seu e a banda xa non fai xiras no senso habitual, senón que responden aos bolos que saen, por gusto, por se reencontrar e, se cadra, gravar xuntos temas novos. Non hai presións, só ganas de pasalo ben e darlle esa alegría á xente que os quere ver e mesmo trae os seus fillos. Non enganan; volveron porque llelo pagaban ben, sentíronse en forma, demóstrano, e seguen a saír bolos. Tras o concerto en Ferrol, podemos dicir que funciona porque segue a haber calidade e porque, en realidade, Los Enemigos son uns amigos. Iso transmítese e xustifica case todo, mesmo que a maquinaría non estea tan engraxada e non toquen algunha das que che gustaría. A ver que botas ti en falla no repertorio que anotei, ;-)

Pepe Cunha, 6-maio-2019

repertorio:
Esta mañana he vuelto al barrio
Brindis
Me sobra carnaval
Señora
Septiembre
An-tonio
No se lo cuentes
Yo el rey
Sr correcto
Dentro
Desde el jergón
Vida inteligente
El gran calambre final
Todo a cien
Soy un ser humano.
La otra orilla
Alegría
Cementerio de elefantes
John Wayne
Complejo
La cuenta atrás

Paracaídas
Quillo (he vuelto a nacer)




Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo