portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
15/10/2019
Caniche Macho "Venganza"
13/10/2019
Jorge Drexler volve sorprender con "Silente". Pazo da Cultura de Narón, 12-outubro-2019
09/10/2019
Sabela King and the Heartbreakers
04/10/2019
Óscar Fojo "De ventos e lúas"
03/10/2019
"Liberar as arterias" será o título do vindeiro disco de SES
20/09/2019
Familia Caamagno “Había que intentalo”
Santero y los muchachos “Rioflorido”


Resulta tentador tirar da comparación ou mesmo falar algo mal de propostas máis populares para sinalar que lle vexo máis méritos a esta banda. A estas alturas da película ben sabemos a diferencia que marca o de ter padriños, que o público sexa pouco esixente ou curioso, ter a arte de se subir a unha moda, ou mesmo copiar artistas que enchen recintos e aínda venden discos. Porén, é de xustiza que o comentario do segundo disco desta banda levantina se centre en todo o bo que fai esta banda tan recomendábel. Recoñezo que estaba desexoso de ver se consolidaban aquel “Ventura” que comentei tamén neste portal hai un par de anos. E vaia se o fan!

Collen unha bandeira que eles chaman rock repousado e que ben se pode entender como o das influencias acumuladas, maceradas e asimiladas. Merecen facerse un lugar de seu na mellor tradición do rock escrito en castelán, deste e doutro lado do Atlántico, porque, aínda que vaiamos apreciando as súas fontes, son quen de soar a eles mesmos. As composicións, na súa maioría de Miguel A. Escrivá (contrabaixo e vocalista con personaldiade propia) pero tamén do seu irmán Josemán (guitarras e pianos), amosan elegancia, soltura e equilibrio abraiantes entre o serio ou máis existencial (“Como todos”, “El perdedor”) e o lúdico ou canalla (“Estamos bien”, “Algo más”), entre o tirando a accesíbel (“Para siempre no existe”) e ese algo máis complexo (“Octubre”), entre o recollido (“Mañana asesina”) e o épico (“Volver a casa”). Seica tiveron boa escola na casa, pois a canción máis 60s do disco está asinada polo seu pai Pepe Escrivá: “He de olvidarte”. Até a canción de amor de turno está sobrada de encanto: "Guantanamera".

O disco toma o nome de El Palacete del Marqués de Rioflorido, onde “la mayor parte de la inspiración, composición y grabación se llevó a cabo”. Del atopamos fotos na parte física do disco, tamén coidadísima. Se tivese que dicilo máis directamente, non é nada habitual dar cun álbum de tanta coherencia de principio a fin (cun instrumental magnífico e crepuscular: “Tierra muerta”), no que é difícil non mencionar todos os temas, pois ningún merece quedar fóra. As letras non son manidas ou previsibeis, todo soa no seu sitio e na súa medida de contundencia, distorsión ou sosego, nos solos, na base rítmica e neses coros que tamén son selo da banda. Se gustas dos Burning, dos Cánovas, Rodrigo, Adolfo y Guzmán, dalgún Sabina, 091, Los Rodríguez, Bunbury ... pero ante todo das boas cancións, non esperes máis.

Pepe Cunha, 4-xuño-2019



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo