portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
08/09/2019
Clubtura non está conforme cos horarios propostos pola Xunta no novo catálogo de actividades
10/09/2019
O Museo de Pontevedra acollerá nove actividades dentro do Cantos na Maré: de música a cine pasando por unha performance de Antón Reixa.
09/09/2019
Eels no Auditorio de Galicia, 8-setembro-2019
27/08/2019
A caboverdiana Mayra Andrade e Enredadas (Martirio, Uxía, Carmen París e Ugia Pedreira), primeiras artistas confirmadas no 15 aniversario de Cantos na Maré
22/08/2019
O Cantos na Maré regresa do 13 ao 15 de setembro para celebrar por todo o alto a súa 15ª edición
19/08/2019
Xosé Miguélez "Ontology"
Wilco, Stray Cats, The B-52s e The Cult son as cabezas de cartel do Azkena Rock Festival 2019. 21 e 22 de xuño en Vitoria-Gasteiz


Chega a maioría de idade para o Azkena Rock Festival, referencia estatal para o público máis rockeiro. Para esta décimo e oitava edición, queremos salientar canda o seu carácter temático, a presencia tamén de notabeis bandas da new wave estadounidense como The B-52s o venres 21 ou o post-punk británico dos Gang of Four, que veñen de suplir a baixa dos Melvins, o sábado 22. Estas e outras bandas ofrecerán a súa única actuación en España nesta tempada.

Ollo cos nomes e os espectáculos que traen: o venres os Stray Cats no seu 40 aniversario e novo disco, e Wilco co repaso á súa traxectoria e The Cult coa celebración do seu "A Sonic Temple", Neko Case ... o sábado. O resto do cartel non desmerece en rock, por suposto, e no ambiente e diversión da que sempre fala o público que se achega a Vitoria-Gasteiz: Tesla, Blackberry Smoke, The Living End, Lucero, Morgan, Starcrawler, Deadland Ritual, Phil Anselmo, Tropical Fuck Storm, Giante, Outgravity ... E non esquezamos o palco Trashville, para as bandas máis primitivas, rudas ou auténticas se falamos de rock cláisoco e algo crápula.

O festival ten lugar no recinto Mendizabala, a menos de 10 minutos do centro da capital vitoriana.

Máis detalles na web do festival:



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo