portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
08/09/2019
Clubtura non está conforme cos horarios propostos pola Xunta no novo catálogo de actividades
10/09/2019
O Museo de Pontevedra acollerá nove actividades dentro do Cantos na Maré: de música a cine pasando por unha performance de Antón Reixa.
09/09/2019
Eels no Auditorio de Galicia, 8-setembro-2019
27/08/2019
A caboverdiana Mayra Andrade e Enredadas (Martirio, Uxía, Carmen París e Ugia Pedreira), primeiras artistas confirmadas no 15 aniversario de Cantos na Maré
22/08/2019
O Cantos na Maré regresa do 13 ao 15 de setembro para celebrar por todo o alto a súa 15ª edición
19/08/2019
Xosé Miguélez "Ontology"
The Last Internationale, Anni B Sweet, Emma Pollock e Paul Collins, novas confirmacións do Noroeste Estrella Galicia 2019 e cancelación de Jello Biafra.


nota:

O 33º Festival Noroeste Estrella Galicia, que se celebrará do 6 ao 11 de agosto na Coruña, anuncia máis de 30 novas bandas e artistas nun cartel que se moverá ao ritmo do mellor blues, hardcore, folk, R&B, soul, rock, garage, surf, punk, psicodelia, indie pop, noise e, mesmo, copla electrónica ou música brasileira. The Last Internationale, Anni B Sweet, Emma Pollock, Los Hermanos Cubero, Paul Collins, Morgane Ji, The Wellgreen, TT Syndicate, Toundra, Seda, Escuchando Elefantes, Blanco Palamera, Derby Motoreta’s Burrito Kachimba, Los Árboles e Chiquita y Chatarra, entre moitas outras, súmanse a un programa atractivo e ecléctico con máis de 80 actuacións gratuítas en espazos singulares ao aire libre, onde xa destacaban nomes como os de Patti Smith and Band, Belako, Nathy Peluso, Joe Crepúsculo, Mastodonte, Los Punsetes, La URSS ou Soleá Morente e no que se rexistran un 50% de grupos galegos e un 45% de presenza feminina. Pola súa banda, a promotora musical HFMN Crew comunicou esta mañá a cancelación do concerto de Jello Biafra & The Guantamano School of Medicine previsto dentro do marco do Festival Noroeste Estrella Galicia este 2019 debido a problemas de saúde da banda.

O 33º Noroeste Estrella Galicia celebrarase do 6 ao 11 de agosto de 2019, coa mesma filosofía urbana, ecléctica e de calidade dos seus últimos catro anos. Na súa pasada edición, o festival rexistrou preto de 90.000 asistentes. Este ano repetirá as súas máis de 150 horas de música ao vivo sobre escenarios singulares de toda a cidade para consolidarse de novo como unha cita única e de referencia do verán peninsular.

No cartel do 33º Festival Noroeste Estrella Galicia están xa confirmadas máis de 70 bandas e artistas para este 2019: Andhrea & the Black Cats, Anni B Sweet, Baiuca, Bart Davenport, Basanta, Belako, Blanco Palamera, Chiquita y Chatarra, Chisme, Contenedor de Mierda, Derby Motoreta’s Burrito Kachimba, DJ Inclusivo, Dois, Dr. Spectro, ELBA, Electra, Elvis Negro, Emma Pollock, Escuchando Elefantes, Faia, Hailu Mergia, Hickeys, Holly Miranda, Holywater, Indy Tumbita & The Voodoo Bandits, Jenny and the Mexicats, Joe Crepúsculo, La URSS, Ladrillo y Mujer, Las Antonias, Los Árboles, Los Estanques, Los Hermanos Cubero, Los Punsetes, Los Vinagres, Los Voluble, Lucifer, Mac N’ Rones, Mastodonte, Morgane Ji, Morgen, Mundo Prestigio, Músculo!, Nathy Peluso, Night Shades, Ñaco Goñi + Marian Ledesma & Tinaquero Brothers, Os Amigos dos Músicos, Pablo Lesuit, Pardo, Patti Smith and Band, Paul Collins, Ruiseñora, Santi Araújo, Seda, Silvia Penide, Soleá Morente, Superser, Teething, The Last Internationale, The Sey Sisters, The Wellgreen, Toundra, TT Syndicate, Turbo Kraks, Turma Caipira, Volcanes, Vudú e Zu.

Proximamente daranse a coñecer os últimos detalles do cartel, entre os que se atoparán os gañadores do Concurso de Bandas e Solistas de Cuac FM, cuxo fallo se emitirá ao longo do mes de xullo, e o esperado cabeza de cartel do sábado 10 de agosto na Praia de Riazor. Así mesmo, a próxima semana sairán á venda as entradas para os dous concertos do Ciclo Selección Noroeste 2019 no Teatro Colón, a cargo do mestre da canción Paco Ibáñez e do virtuoso músico de jazz e fado portugués Júlio Resende.

ECLECTICISMO, CALIDADE, VIVENCIA E DESCUBRIMENTO NUN FESTIVAL URBANO DE REFERENCIA

Como cada ano, A Coruña transformarase en agosto para acoller unha nova edición do Festival Noroeste Estrella Galicia. Este 2019, o festival celebrarase do 6 ao 11 de agosto e contará con máis de 80 bandas e artistas que inundarán cos sons máis eclécticos todos os recunchos urbanos da cidade. O Festival Noroeste Estrella Galicia é unha cita musical única en España, que ofrece un programa atractivo de concertos gratuítos ao aire libre e que cada ano reúne unha media de 60.000 persoas.

Considerado como un dos eventos musicais máis imprescindibles do verán no norte peninsular, o Noroeste está organizado polo Concello da Coruña e conta coa colaboración especial de Estrella Galicia. Un ano máis, o Noroeste Estrella Galicia apostará non só por grandes nomes internacionais, senón tamén polas novas promesas que pisan forte e polas bandas locais e galegas con moito que dicir enriba dun escenario, coa fin de ser de novo o reflexo dunha cidade moderna e fundamentalmente musical. Da súa man, A Coruña abrirase a novos camiños, a novas maneiras de facer e de mirar, consolidándose coma un reclamo de turismo experiencial, contemporáneo e singular.

Fiel á filosofía que ven caracterizando ao festival nas súas últimas edicións, o Noroeste Estrella Galicia manterá en 2019 o seu carácter urbano con escenarios repartidos por toda a cidade, para ofertar ao público novas experiencias e outras formas de interactuar coa xente a través da música. Así mesmo, o Noroeste Estrella Galicia repetirá a súa aposta por ofrecer ciclos de programación para todo tipo de públicos a diferentes horas do día e da noite. Na súa 33º edición contará de novo con sesións matinais (para ampliar a experiencia da cidadanía tamén no mediodía, da man de bandas con pegada da escena galega e estatal) e o Ciclo Selección Noroeste (con directos exclusivos en teatros e recintos a cuberto da cidade). O Mercado da Colleita, de Hijos de Rivera, celebrarase tamén durante a fin de semana.

O Concello da Coruña e Estrella Galicia continúan a súa colaboración un ano máis trala firma en 2016 dun convenio institucional relativo á programación cultural que se pode gozar na cidade e que ten como máximo expoñente ao Noroeste. Ademais, o festival colabora un ano máis co xa clásico Concurso de Bandas e Solistas de Cuac FM, cuxas bases de participación poden consultarse no seguinte enlace:





Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo