portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
09/08/2019
Saen á venda as entradas para o Sinsal SON Estrella Galicia Museo do Mar. 7 e 8 de setembro, Vigo. Con Rocío Márquez, Y La Bamba, Mary Lattimore, FAIA, Iko Cuyagua e ...
09/08/2019
O Festival Jazz de Ría confirma a programación da súa 3ª edición
09/08/2019
Silvia Penide "El efecto boomerang"
06/08/2019
A solidariedade e a presenza feminina transversal na programación, sinais de identidade do Revenidas 2019
06/08/2019
Hoxe comeza o 33º Festival Noroeste Estrella Galicia, que encherá as rúas da Coruña con seis xornadas de música ao vivo
01/08/2019
17º Ribeira Sacra Festival - Paisaxe. 19-20-21 xullo-2019
o Interceltique de Lorient adicado a Galicia conta con Carlos Núñez, Aliboria, Milladoiro e Mercedes Peón entre os artistas principais


nota:

Entre o venres 2 e o domingo 10 de agosto celebrarase a 49º edición do festival. Galicia e o país convidado este ano, contando cunha grande representación artística.

O Festival Interceltique de Lorient naceu hai 48 anos co desexo dos seus fundadores de contribuír ao desenvolvemento da música e a cultura bretona e tamén aberto para as nacións celtas das Illas Británicas (Escocia, Gales, Cornuailles, Illa de Man e Irlanda) e o norte peninsular (Galicia e Asturias).

Co seu éxito, o interceltismo pasou as primeiras fronteiras celtas británicas e peninsulares para conectarse a outros lugares onde hai tamén un lugar de migración máis recente, como bandas australianas, canadienses ou latinoamericanas.

Nos dez días de festival, chegan á vila bretona máis de 4.500 artistas para participar nos máis de 120 espectáculos que se desenrrolan nos distintos espazos do festival, chegando a haber 120.000 espectadores de pago e 750.000 visitantes, o que o convirte no máis importante festival de Francia e do mundo.



Representación galega

Logo de dez anos, o Interceltique de Lorient volve a convidar a Galicia como país de honra, o cal levará a máis de 300 artistas que amosarán o mellor da música e o baile feito no país. A Delegación Galega terá protagonismo na cita, con artistas de talla internacional e novas propostas que achegarán ao público bretón.

Carlos Núñez é nestres intres o único artista que esgotou xa as entradas para o seu concerto no Interceltique (xoves 8), no que contará con colaboracións coma as de Alan Stivell. Xosé Lois Romero & Aliboria participarán na Grande Noite de Galicia (luns 5) e terán un concerto no prestixioso Teatro de Lorient. A proposta “Le chemin de Breogán” da Banda de Música de Silleda e a Banda de Gaitas de Forcarei é a seleccionada para o concerto de apertura do festival o sábado 3 de agosto, con máis de 150 participantes e un gran elenco de artistas convidados coma Suso Vaamonde, Bouba ou Abraham Cupeiro.

Outras grandes citas no Espace Marine, o gran pavillón de concertos deste festival serán as de Milladoiro (mércores 7) e Mercedes Peón (sábado 10) nunha noite especial de fusión da música celta e electrónica. A proposta de Tiruleque tamén participará na Grande Noite de Galicia (luns 5) e no Quai de la Bretagne (venres 9), completando o elenco de grupos folk.

Xunto á Banda de Gaitas de Forcarei, tamén participarán a Banda de Gaitas Invernía e o grupo de baile Xacarandaina, amosando a parte máis tradicional da música e baile galego.



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo