portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
03/12/2019
Cristina Pato organiza este xoves unha mesa redonda na Universidade de Nova York sobre as linguas minoritarias en España
02/12/2019
J Teixi Band “Letra y música (2000/2018)”
28/11/2019
Mermelada “Memorias de un tren” (1979-1994)
18/11/2019
Guadi Galego presentou a súa nova "Immersion" na Sala Capitol, 15-nov-2019
13/11/2019
Dani Flaco "Al alimón"
28/10/2019
Guadi Galego "Immersion"
Hoxe comeza o 33º Festival Noroeste Estrella Galicia, que encherá as rúas da Coruña con seis xornadas de música ao vivo


nota:

Patti Smith and Band, The Sounds, Nathy Peluso, Belako, Paco Ibáñez, Júlio Resende, Soleá Morente ou Anni B Sweet lideran un cartel conformado por máis de 75 bandas e artistas imprescindibles, que ofrecerán máis de 150 horas de propostas musicais eclécticas en 13 espazos emblemáticos da cidade do 6 ao 11 de agosto

A primeira xornada desta cita musical imprescindible do noroeste peninsular, que arranca hoxe martes 6 de agosto ás 20.00 horas, contará con bandas e artistas como Los Voluble, Paco Ibáñez, Holly Miranda, Emma Pollock, Zu ou TT Syndicate

O festival afondará na súa vertente sostible coa participación no proxecto de reciclaxe #darlalata e coa continuidade de medidas como as Illas de Reciclaxe

Ante as condicións meteorolóxicas adversas previstas para esta semana, ponse en marcha un dispositivo para garantir a celebración dos concertos programados e, así, o escenario do Campo da Leña contará cunha estrutura específica para acoller as diferentes actuacións a pesares da choiva

As xornadas do martes e mércores celebraranse segundo a previsión. A través das redes sociais do 33º Festival Noroeste Estrella Galicia ofrecerase ao público, con 24 horas de antelación, a información detallada dos posibles cambios de localización e horarios por mor das inclemencias meteorolóxicas

A cidade da Coruña transformarase nun grande escenario cos mellores sons do panorama galego, estatal e internacional. Este martes, 6 de agosto, arranca o 33 Festival Noroeste Estrella Galicia, unha cita urbana única no noroeste peninsular, que achega durante seis xornadas unha programación musical ecléctica e de calidade para todos os públicos. Até o vindeiro domingo, 11 de agosto, máis de 75 artistas e bandas imprescindibles, como Patti Smith, The Sounds, Nathy Peluso, Belako, Paco Ibáñez, Júlio Resende, Soleá Morente ou Anni B Sweet ofrecerán máis de 150 horas de música de calidade ao vivo en espazos singulares do municipio coruñés.

A primeira xornada desta cita musical imprescindible do noroeste peninsular, que arrancará mañá ás 20.00 horas, contará con bandas e artistas do talle de Los Voluble, Paco Ibáñez, Holly Miranda, Emma Pollock, Zu ou TT Syndicate. Por mor das condicións meteorolóxicas adversas previstas para esta semana, ponse en marcha un dispositivo especial para garantir a celebración dos concertos programados. Así, o escenario do Campo da Leña contará desde mañá, martes, cunha estrutura específica transparente para acoller as diferentes actuación pese a choiva. As xornadas do martes 6 e mércores 7 celebraranse segundo a previsión. A través das redes sociais oficiais do 33º Festival Noroeste Estrella Galicia achegarase ao público, con 24 horas de antelación, a información detallada dos posibles cambios de escenario ou de horario por mor das inclemencias do tempo a partir do xoves 8 de agosto.

Estilos como o rock, o pop, o indie, o garage, o blues, o hardcore, o R&B, a psicodelia, o punk, a copla electrónica ou a música brasileira terán o seu espazo na nova edición do del festival, que o ano pasado acadou 90.000 asistentes nos concertos dos seus diversos escenarios. Nesta ocasión desenvolverase en 13 enclaves emblemáticos da cidade, como son a praia de Riazor, a praza das Bárbaras, o Castelo de Santo Antón, o Campo da Leña, a Casa Museo Casares Quiroga, a praza de San Nicolás, a Fundación Luís Seoane, o parque do Paseo das Pontes ou o Teatro Colón, que acollerá o ciclo Selección Noroeste. Ademais, a praza José Sellier Loup, o Bulevar do Papagaio e as rúas Capitán Troncoso e Torreiro albergarán as sesións matinais, nas que se ofrecerá unha boa mostra da escena independente galega e estatal máis canalla á hora do aperitivo. O festival mantense así fiel ao seu carácter urbano e á aposta polos ciclos de programación para todo tipo de públicos a diferentes horas do día, co obxectivo de consolidarse coma unha cita imprescindible do norte peninsular, á vez que aposta por situar a cidade coma un escenario turístico de vangarda, contemporáneo e singular.

O Festival Noroeste Estrella Galicia é unha iniciativa cultural organizada polo Concello da Coruña e que conta coa colaboración de Estrella Galicia. Esta cooperación abre a posibilidad, un ano máis, da celebración do Mercado da Colleita, unha romaría popular contemporánea con concertos e actividades para todas as idades que encherán de momentos lúdicos o parque do Paseo das Pontes na fin de semana do sábado 10 e domingo 11 de agosto. Así, actuacións de artistas coma Los Punsetes, Silvia Penide, Os Amigos dos Músicos o Joe Crepúsculo porán o broche dourado á nova edición dun festival que, nos últimos anos, apostou polo eclecticismo, a calidade musical, a visualización da escena local e galega contemporánea así como o recoñecemento e posta en valor del patrimonio urbano. Ademais da colaboración con Estrella Galicia, o festival apoia o Concurso de Bandas e Solistas da radio comunitaria local CUAC FM, iniciativa que posibilita a participación de artistas emerxentes e novas promesas na programación musical.

O cartel del 33º Festival Noroeste Estrella Galicia contará con máis de 75 bandas y artistas, como son: Andhrea & the Black Cats, Anni B Sweet, Baiuca, Bart Davenport, Basanta, Belako, Blanco Palamera, Chiquita y Chatarra, Chisme, Contenedor de Mierda, Crimson and Clover, Derby Motoreta’s Burrito Kachimba, DJ Inclusivo, Dois, Dr. Spectro, ELBA, Electra, Elvis Negro, Emma Pollock, Escuchando Elefantes, Faia, Hailu Mergia, Hickeys, Holly Miranda, Holywater, Indy Tumbita & The Voodoo Bandits, Jenny and the Mexicats, Joe Crepúsculo, Júlio Resende, La URSS, Ladrillo y Mujer, Las Antonias, LORA, Los Árboles, Los Estanques, Los Hermanos Cubero, Los Punsetes, Los Vinagres, Los Voluble, Lucifer, Mac N’ Rones, Mastodonte, Morgane Ji, Morgen, Mundo Prestigio, Músculo!, Nathy Peluso, Night Shades, Ñaco Goñi + Marian Ledesma & Tinaquero Brothers, Os Amigos dos Músicos, Pablo Lesuit, Paco Ibáñez, Patti Smith and Band, Paul Collins Beat, Portland, Ruiseñora, Sala 5, Santi Araújo, Seda, Silvia Penide, Soleá Morente, Superser, Teething, The Last Internationale, The Rapants, The Sey Sisters, The Sounds, The Wellgreen, Theta Waves, Toundra, TT Syndicate, Turbo Kraks, Turma Caipira, Volcanes, Vudú e Zu.

Tanto o guitarrista Paco Ibáñez coma o pianista Júlio Resende actuarán no marco do ciclo Selección Noroeste, iniciativa que permite gozar do festival desde o patio de butacas dun teatro emblemático, como é o caso do Colón. As entradas para o concerto de Ibáñez esgotáronse hai varias semanas, pero aínda restan billetes para a actuación do luso, que terá lugar este mércoles, 7 de agosto, ás 20.30 horas (entradas dispoñibles, a partir de 6,40€, en www.ticketea.com).


Toda a programación, horarios, cartel e información sobre cada unha das bandas e artistas pódese consultar na páxina web do festival, www.festivalnoroeste.com, na que o público ten a disposición, ademais do vídeo oficial, o Mapa de Sons que lle permitirá deseñar o seu propio itinerario para gozar dos concertos durante as seis xornadas nas que a cidade da Coruña se mergullará na música.

POSIBLES CAMBIOS ANTE AS CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS ADVERSAS

Ante as condicións meteorolóxicas adversas previstas durante esta semana, na que terá lugar o 33º Festival Noroeste Estrella Galicia, a organización pon en marcha un dispositivo para garantir a celebración dos concertos programados. Así, o escenario do Campo da Leña contará desde este martes, 6 de agosto, cunha estrutura transparente para acoller, a pesar da choiva, as diferentes actuacións previstas.

As xornadas do martes 6 e do mércores 7 celebraranse con normalidade. A través das redes sociais do 33º Festival Noroeste Estrella Galicia ofrecerase ao público, ao menos con 24 horas de antelación, a información dos posibles cambios de situación dos concertos a partir do xoves. Igualmente, calquera cambio de horario informarase ao vivo través das redes.

UN FESTIVAL MÁIS SOSTIBLE COAS ILLAS DE RECILAXE E #DARALATA

O Festival Noroeste Estrella Galicia avanza, un ano máis, na liña para acadar unha celebración máis sostible. Así, ás habituais Illas de Reciclaxe que se instalarán nos distintos espazos nos que se desenvolva o festival, nesta ocasión unirase o proxecto de concienciación ambiental e reciclaxe #daralata.

Após dous meses desde o inicio da súa andaina polos principais festivais musicais galegos, o proxecto #daralata remata o seu percorrido no Noroeste Estrella Galicia. #Daralata é unha colaboración entre o programa europeo Cada Lata Cuenta e Estrella Galicia cuxo obxectivo no verán foi concienciar ao público asistente aos eventos musicais sobre a importancia da separación en orixe de residuos e o depósito das latas no contedor amarelo, á fin de dar unha nova vida ao envase, que se pode reciclar de modo indefinido sen perda de calidade e cun grande aforro de enerxía, o que, sen dúbida, sitúa á lata como un envase ideal no marco da economía circular.

O proxecto #daralata chega á cidade coas accións que se levaron a cabo ao longo deste ano noutras iniciativas musicais. Así, o festival contará con figuras dinamizadoras do programa, persoas que portarán ás costas unha mochila para recoller botes de bebidas e facilitar a reciclaxe entre o público, e instalará diversos contedores amarelos nos distintos escenarios nos que se sucederán os concertos. Ademais, durante o Noroeste Estrella Galicia construirase unha Pixelata canda o escenario da praia de Riazor. Trátase dun mural realizado con latas de bebidas recicladas (recollidas durante a celebración dos cinco festivais), que se pintarán e, xuntas, conformarán unha imaxe. Esta obra de arte urbano, que se poderá levar a cabo grazas á colaboración de numerosas persoas, simbolizará a importancia da reciclaxe dos envases en relación ao aforro de materiais e de enerxía na loita contra o cambio climático.




Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo