portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
13/11/2019
Dani Flaco "Al alimón"
28/10/2019
Guadi Galego "Immersion"
22/10/2019
Ortiga "Chicho y sus chichas"
15/10/2019
Caniche Macho "Venganza"
13/10/2019
Jorge Drexler volve sorprender con "Silente". Pazo da Cultura de Narón, 12-outubro-2019
09/10/2019
Sabela King and the Heartbreakers
Familia Caamagno “Había que intentalo”


Tras tres anos de espera chega un novo traballo do quinteto de Sigüeiro e de primeiras semella que reafirman unha liña de continuidade. Estiran unha vez máis a duración dun EP ou mini-álbum e seguen a gravar nos Estudios Circo Perrotti canda o seu cómplice Jorge dos Dr. Explosión. Isto reforza a súa teima por evitar calquera recheo e a seguridade de como queren soar. Pero até aí o continuísmo porque desta vez o seu espectro estilístico de garaxe dos 60, rock and roll para bailar e power pop decántase por este último, con maior elaboración ou complexidade nas letras e melodías. “Un día espectacular” é un exemplo ben claro.

Non hai que preocuparse, senón todo o contrario. Seguen a ser a Familia Caamagno que tanto nos fai gozar nos concertos, coa mesma ou máis enerxía e o son de guitarras característico, con letras irónicas, divertidas e truculentas. “Castromil” (non deixes de ver o videoclip asinado por Xaime Miranda) abre e adiantou o disco, facendo ben de ponte entre o que nos tiñan acostumados e os aires que revitalizan a súa proposta. Non hai ruptura, pois no seu repertorio xa atoparamos acenos do que agora se acentúa, e seguen a facturar temas directos como os mencionados, festa e baile en “Cocogualla” ou “O peor non son os cartos”, toque soul en “Proceso soberanista”, talvez a miña favorita canda “Guapos de primeira” ... e ese chisco maior de complexidade en “Canción moderna de oriente”, a única que supera os 3 minutos de manual. E a min píntame ben que no bonus track “Canción Moderna de Occidente” graven co Hevi (Malandrómeda, Fluzo).

Porén, tras as varias escoitas para facer esta reseña confirmo que o cambio non é tan grande (pero si rico) nun traballo algo máis xeneroso en duración e estilo que aqueles "Hai que Andar cos Tempos!" (Lixo Urbano, 2014) e "Para Unha vez que Saímos" (Lixo Urbano, 2016). A primeira entrega con selo asturiano Folc Records amosa que podemos confiar aínda máis nos Caamagnos. As súas influencias anglosaxoas con aires revivalistas, pero tamén máis abertas, seguen aí, nas mans duns galegos retranqueiros que falan da realidade ao seu redor, con detalles claros de costumismo en “Tabernas e rotondas”, por exemplo. Iso marca a diferencia e engancha.

Pepe Cunha, 20-setembro-2019



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo