portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
13/11/2019
Dani Flaco "Al alimón"
28/10/2019
Guadi Galego "Immersion"
22/10/2019
Ortiga "Chicho y sus chichas"
15/10/2019
Caniche Macho "Venganza"
13/10/2019
Jorge Drexler volve sorprender con "Silente". Pazo da Cultura de Narón, 12-outubro-2019
09/10/2019
Sabela King and the Heartbreakers
Jorge Drexler volve sorprender con "Silente". Pazo da Cultura de Narón, 12-outubro-2019


A xira “Silente” presenta a Jorge Drexler só a voz e guitarra. Doutro artista poderiamos esperar un repaso de éxitos en formato intimista e austero, pero se se limitase a iso non sería quen é. El ten que ofrecer algo máis e, de ser posíbel, distinto en cada xira que argalla. Haberá quen aprecie del que é un músico cunha carga poética moi importante, cun feixe de cancións que emocionan por cadanseu motivo, desas que o público pode cantar con el de principio a fin. Porén, el é moito máis pola súa fuxida da mera compracencia co xa conseguido; é máis inquedo que acomodado. Por iso pasa de discos, se se me permite un resumo algo inexacto, máis expandidos musicalmente como “Amar la trama” ou “Bailar en la cueva” a outros máis contidos como o "12 segundos de oscuridad" ou “Salvavidas de hielo”.

Precisamente unha das cancións deste, a xenial "Silencio", pode ser a inspiradora dun espectáculo que xoga a reducir ao máximo as luces e as microfonías, como reivindicando a atención e un maior grao de aproximación a ese silencio. Entra en escena recitando, comeza cantar a cappella acompañado dun pequeno shaker de area, e a partir de aí agarra a acústica ou a eléctrica. Co paso das cancións móvese con naturalidade pasmosa e discreción para nos atrapar tamén coa iluminación e o attrezzo artellados para o halo de recollemento deste concerto. Igual de discreto semella o seu dominio da guitarra, mais a escoita atenta confirma que é dos músicos que foxen de solos ou riffs cos que chamar a atención, dos que van sobrados de gusto e manexo dos tempos. Ao tempo, á posta en escea e o son do instrumento cómpre sumar algúns efectos de voz e sons pregravados que redondean un espectáculo impecábel.

A estas alturas da súa carreira, Jorge Drexler conta cun repertorio que podería pasar ben das dúas horas se de compracer as peticións se tratase, mais desta ocasión son os álbums "Eco", o recente "Salvavidas de hielo" e "12 segundos de oscuridad" quen achegan as cancións mellor acaídas para o que quere transmitir. Ademais, agasállanos coa recuperación da primeira canción que compuxo ("La aparecida"), a inédita "A la sombra del ceibal" e "La edad del cielo" cunha sonoridade máis arriscada; e todo isto adubado cunhas presentacións que engaiolan por ben narradas e clarividentes; mesmo cando se alonga non molesta. Nunca defrauda Jorge Drexler, nin a fans nin a quen vén de acompañante ou animada pola insistencia de quen sabemos que é dos que marcan as diferencias. Que o sigamos confirmando.

Pepe Cunha, 13-outubro-2019

“Transporte”
“Eco”
“Estalactitas”
“Deseo”
“Guitarra y vos”
“La aparecida”
“Salvapantallas”
“Abracadabras”
“Todo se transforma”
“Disneylandia”
“Asilo”
“La vida es más compleja de lo que parece”
“Soledad”
“La edad del cielo”
“A la sombra del ceibal”
“Pongamos que hablo de Martínez”
“Sea”

“Movimiento”
“Silencio”

“Telefonía”





Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo