portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
10/09/2020
concerto de A Pedreira no Val de Lourenzá.
25/08/2020
a gran festa do jazz coa maior jam session da historia este domingo en Lugo
20/08/2020
Primeiros nomes do "Revenidas‌ en conserva": Sés, Zeltia Irevire, Ortiga e Dakidarría
12/08/2020
Luar na Lubre "Vieiras e Vieiros: Historias De Peregrinos"
05/08/2020
nace o festival Sons da Canteira, que terá lugar o próximo 29 de agosto na Canteira de Vilafría (Porriño).
04/08/2020
o IV festival Jazz de Ría programará tres noites de jazz galego no Cantón de Molíns
Grande éxito de inscricións nos Premios Martín Códax da Música Galega con preto de seiscentas


nota:

MANTERASE O GROSO DO CALENDARIO MALIA O CORONAVIRUS

A pesar da situación actual debida ao estado de alerta por coronavirus, “na medida do posible” os Premios Martín Códax da Música Galega van tentar respectar as datas e os seguintes pasos a seguir no calendario anunciado, afirman desde Músicas ao Vivo, entidade organizadora dos mesmos. A grande afluencia de inscricións, 581, supera en 139 as da pasada edición. Con todo, a festa de finalistas prevista para o vindeiro 15 de abril verá modificada a súa estrutura.

A directiva de Músicas ao Vivo destaca o apoio dos músicos e músicas galegas para visibilizar, como cada ano, a gran cantidade, calidade e diversidade dos proxectos musicais do noso país; e sobre todo, insiste no "carácter non competitivo deste certame, que só trata de poñer en valor e achegar á cidadanía, o gran potencial do sector musical galego", afirman desde a organización.

Tal e como estaba previsto, do 23 de marzo ao 5 de abril un xurado profesional formado por dúas músicas ou músicos, unha persoa representante dos medios de comunicación, outra da industria e outra da formación musical, procederá á selección dos 3 proxectos finalistas de cada categoría.

As ditas persoas terán que seleccionar as e os finalistas das 17 categorías de entre máis de 500 proxectos inscritos. Estas cifras supoñen “un grandísimo éxito” e “evidencian a necesidade dos Premios”, xa que foron moitas máis que na pasada edición as persoas que decidiron daren visibilidade aos seus grupos e propostas musicais”, declaran desde Músicas ao Vivo.

Aumento de propostas en todas as categorías

Concretamente, en 2019 foran 442 proxectos os presentados, con 391 musicais, 11 salas, 25 festivais e 15 medios de comunicación. Neste 2020 todas as categorías aumentaron en volume de propostas, o que supón máis do 30 por cento con respecto á anterior, xa que foron 24 salas, 36 festivais, 20 medios e 501 musicais, os que chegados desde distintos puntos da xeografía galega así como doutros tan dispares como Taiwan, Holanda, Londres, Sajonia, Sacramento ou Cardiff, por nomear só algúns, se presentaron.

No eido estritamente musical, a categoría que recibiu máis proxectos foi a de rock, con 70. Seguiuna a de pop/indie, con 57, moi de preto detrás a da canción de autor/a, con 52, músicas do mundo con 43 e folque con 39. Todas as demais recibiron entre 11 e 28 inscricións. Esta foi a cifra das propostas de música infantil. Desde Músicas ao Vivo celebran que “un repunte tan significativo” se producise nesta edición e agradecen a todas e cada unha das persoas participantes o téreno feito.

A entidade promotora dos Premios tamén quere destacar “o esforzo na melloría da categorización” dos proxectos que se levou a cabo este ano, cun control “máis minucioso” dos mesmos, apuntan. Asimesmo, os cambios introducidos este ano no sistema de votacións “esperamos que sexan satisfactorios para todos e todas”, recalcan desde MAV.

Cambio necesario na festa dos finalistas

A festa dos finalistas, que habitualmente se realizaba nas Bodegas Martín Códax –patrocinadoras do evento xunto con outras entidades- verá modificada a súa estrutura. Anunciada para o vindeiro 15 de abril, o mencionado estado de alerta antes mencionado fai que non sexa posible realizarse segundo o previsto por non poder congregarse un número tan elevado de persoas.

A pesar de non poder celebrarse a festa de finalistas tal e como se tiña entendida ata o de agora, desde Músicas Ao Vivo farase a comunicación pública das e dos proxectos seleccionados polo xurado profesional para que as socias e os socios de MAV poidan votar para lle poren nome ás 20 propostas premiadas nesta sétima edición.



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo