portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
18/05/2022
Holgado "O fillo de Suso"
12/05/2022
Ilegales, J. P. Bimeni, Al Dual, De Vacas e Adrián Costa Blues Band actuarán no FiBE 22
11/05/2022
A artista canadense Kee Avil, a banda chilena Newen Afrobeat e a artista española Verde Prato conforman o regreso do ciclo Liberdades Sonoras a Lugo
04/05/2022
Devalo "Luz / sombra"
26/04/2022
A 6ª edición do Jazz de Ría terá escenarios en Narón, Neda e Cedeira
21/04/2022
XIV concurso de maquetas Millo Verde
"Cancións", de Xela Arias


Cando acababa o ano en que se lle dedicaban as Letras Galegas, chegaron as “Cancións” de Xela Arias para completaren o repaso exhaustivo da súa figura. A fins dos 80, a afección pola música da poeta leváraa a escribir unha ducia de letras para o grupo de rock Desertores que agora vemos recompiladas nun libro e escoitamos nun CD gravado “desde cero, rexeitando a opción de masterizar os traballos anteriores”. Deste xeito cohesionado, o disco presenta as seis cancións publicadas no primeiro disco da formación ("El Desertor”), as catro do segundo (“El vicio de la carne”) e dúas máis que permanecían inéditas: “Nena Alcohol” e “Detrás de ti”.

En canto á elaboración do libro en si, a editorial Xerais acertou na elección de Teresa Cuíñas Lavandeira, pois a xornalista non só recompilou e traduciu para o galego as letras de Xela Arias, senón que nos regala un limiar exemplar. En “A música que levas dentro” exponnos como as cancións da poeta “son unha mostra do diálogo poético e musical que cultivou durante toda a súa vida" pero aproveita para crear con gusto e entusiasmo unha invitación a recoñecer e reivindicar tamén as melómanas que levamos dentro.

Canda este limiar expansivo e un epílogo sentido dos membros do grupo, o libro contén reproducións dos manuscritos orixinais e as adaptacións do grupo e a tradución ao galego, pois foron escritas en castelán. Daquela o rock na nosa lingua non era nada habitual e a propia Arias declarou que “me sinto moitísimo máis influída polo mundo do rock"n"roll que polo dos poetas galegos». E disto van estilisticamente estas cancións, das influencias dos nomes ben citados de Patti Smith, Lou Reed, Radio Futura, Joy Division ... dese rock con latexo urbano, underground, da música que poeta e intérpretes compartían nas casas e nos locais de moda vigueses.

Pepe Cunha, 4-xaneiro-22



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo