portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
08/06/2022
Seso Durán "Ascensión"
20/05/2022
Os abonos do Sinsal SON Estrella Galicia 2022 sairán á venda o vindeiro xoves 26 de maio
18/05/2022
Holgado "O fillo de Suso"
12/05/2022
Ilegales, J. P. Bimeni, Al Dual, De Vacas e Adrián Costa Blues Band actuarán no FiBE 22
11/05/2022
A artista canadense Kee Avil, a banda chilena Newen Afrobeat e a artista española Verde Prato conforman o regreso do ciclo Liberdades Sonoras a Lugo
04/05/2022
Devalo "Luz / sombra"
Xosé Miguélez "Contradictio"


A continuación do magnífico “Ontology” (2019) lígase a este a través da peza que o titulaba e que aquí se reinventa en dúas versións: en cuarteto e a dúo co pianista Jean-Michel Pilc, co-productor do álbum. Porén, se no anterior traballo o saxofonista compuxo a partir de melodías tradicionais e rezumaba máis a traballo de estudio, “Contradictio” apunta máis á interpretación ao vivo dun cuarteto que se completa con base rítmica portuguesa: Carlos Barretto ao contrabaixo e Marcos Cavaleiro na batería.

De feito, xuntos en só dous días de novembro de 2021 gravaron un repertorio que combina estándares (“You And The Night And The Music” de Arthur Schwartz, “But not for me” de George Gershwin, “Out of Nowhere” de Johnny Green, a canción tradicional “Meniña”), que chama por Monk o “Someday My Prince Will Come” de Frank Churchill e que achega orixinais de Miguélez (a homónima do disco e a balada "Soul and Body" son fermosuras) e unha composición de Pilc dedicada a Galicia, un luxo. En xeral, o saxo de Miguélez exerce de guía da proposta pero os catro músicos traballan e brillan xuntos regalándonos un feixe de solos e acompañamentos exquisitos.

“Contradictio” é unha moi boa mostra da calidade á que nos teñen xa acostumados os músicos galegos de jazz, un traballo de corte clásico ou atemporal, con moito bebop, un toque contemporáneo e a melodía moi protagonista. Repite a edición co selo estadounidense Origin Records e a mestura e masterización no Savik Sound. Non deixen de se achegar.

Pepe Cunha, 5-abril-22

Repertorio:

Meniña
You And The Night And The Music
Ontology
Contradictio
Someday My Monk Will Come
But Not For Me
Soul And Body
Out Of Nowhere
Galicia
Ontology (Duo)



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo