portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
08/06/2022
Seso Durán "Ascensión"
20/05/2022
Os abonos do Sinsal SON Estrella Galicia 2022 sairán á venda o vindeiro xoves 26 de maio
18/05/2022
Holgado "O fillo de Suso"
12/05/2022
Ilegales, J. P. Bimeni, Al Dual, De Vacas e Adrián Costa Blues Band actuarán no FiBE 22
11/05/2022
A artista canadense Kee Avil, a banda chilena Newen Afrobeat e a artista española Verde Prato conforman o regreso do ciclo Liberdades Sonoras a Lugo
04/05/2022
Devalo "Luz / sombra"
Devalo "Luz / sombra"


David Miranda non é un acabado de chegar, senón un reencontrado nas músicas galegas, pois o seu nome aparecía en Nouvelle Cuisine ou en The Cripple and The Tramp. Compón, grava e tamén deseña en Gales, onde leva anos vivindo, e esa distancia sumada á madurez vital semella achegar unha carga notábel de morriña e melancolía ao seu proxecto actual. Bautizado como Devalo, debutou con “Noites Contadas” (Ferror Records, 2020) e recibiu unha boa acollida no underground galego.

Daquel traballo mantén a influencia clara do synth-pop dos 80, o dream pop ou o shoegazing, incidindo na combinación de electrónica e guitarras, aínda que estas teñen agora maior protagonismo. Xa nolo adianta: “coa superposición de varias capas de guitarras, e tamén busquei un son máis orgánico no baixo e a batería.” Porén, nalgunhas cancións a electrónica segue a ser a protagonista, cos sintetizadores e os ritmos programados en primeiro plano. Apreciamos o contraste entre a luminosidade da música e certa escuridade nos versos (“Melancholie”, “Operario”, “Houdini” ...) e ao revés (“Lume” ou esa “Luz” que nos lembra Family). Ademais destas, salientaría “Control” pola denuncia da sociedade en que vivimos, o apoio á loita da muller de “Ningunha”, o chisco á música tradicional galega en “Ar” ou a peza bailábel “Adiante”.

Como apunta o título, trátase dun disco que, sen abandonar a esperanza, se move entre as luces e as sombras. Observa o presente e asimila o pouso que deixaron as lembranzas e así encontramos dor, frustración ou rabia. Mais tamén o inconformismo e a loita por manter ese xute de optimismo e esperanza de algo mellor, de nos coidar e reflexionar sobre o cambio en cadaquén e na realidade ao redor. Talvez en conxunto peque de longo e denso, pero "Luz / sombra" ten moitas cancións a degustar, especialmente para os ouvidos con querencia pola escea alternativa de O.M.D, New Order, Slowdive, My Bloody Valentine, The Jesus and Mary Chain, Beach House, M83 ...

Pepe Cunha, 4-maio-22.

repertorio.
1. Sombra
2. Crofton
3. 8-bit
4. Melancholie
5. Invisible
6. Control
7. Ningunha
8. Operario
9. Lume
10.Ar
11.Houdini
12. Supernova
13.Adiante
14. Luz



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo