portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
20/03/2019
o Fisterra Blues celebrarase do 28 ao 30 de xuño e participarán, entre outros, Los DelTonos, Morgane Ji e Víctor Aneiros
17/03/2019
o novo Budiño cumpriu na Sala Capitol, 15-marzo-2019
12/03/2019
Vudú "Vol. III"
11/03/2019
Óscar Quant presenta o seu libro "Bailando sobre el parqué"
25/02/2019
The Last Internationale "Soul on Fire"
20/02/2019
Ciclocéano “Líneas de meta”
alfredo gonzález "dobleces"


"Pianista de título, guitarrista de adopción y escritor de servilletas por cuestiones de azar". Así se define este rapaz de Turón (Asturias) que tan boa impresión nos causara en 2009 co seu álbum "Dudas y precipicios". Desde entón editou un disco completo en asturiano -“La nada y tú”- e non deixou de xirar por España cun repertorio de cancións propias xa publicadas, algunha versión e novas pezas que macera diante do público. Até aquí podería ser a historia doutros cantautores, pero a súa formación coma pianista facilítalle acompañar outros colegas ou mesmo integrarse en bandas de rock. "Dobleces" é o reflexo de todos os aspectos mencionados e a feliz consecuencia da súa experiencia vital e musical. Trátase de nada menos que vinte mostras de personalidade, talento e madurez musical divididas en dous discos, un en castelán e outro en asturiano, No primeiro, letras e músicas que o propio artista pariu en Uviéu, Bogotá, Vigo, Valencia, Madrid ou Conil de La Frontera e, no segundo, textos do poeta Pablo Texón agás en "Llueve". Ao longo dunha hora, distintos estados de ánimo (reflexivo, melancólico, intimista, extrovertido) e variedade de estilos e influencias (rock and roll, folk, balada, tintes de soul, swing); desde Van Morrison ou Tom Waits até compañeiros de xeración como Quique González e Fabián, colaboradores no disco nas notables "Wikileaks" e "Todos llevan disfraz" respectivamente. Tamén participa Hendrik Röever (DelTonos) coas guitarras e pedal steel en "Hasta las manos", outra das moitas pezas salientables. "Dobleces" é un traballo honesto, valente, interpretado con moita solvencia e que non deixa de ser asequible para o gran público grazas ás súas estupendas cancións.
Pepe Cunha, 6-febreiro-2012



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo