portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
16/07/2019
LORA, The Rapants e Portland, grupos gañadores do XXI Concurso de Bandas e Solistas de Cuac FM 2019
15/07/2019
o Interceltique de Lorient adicado a Galicia conta con Carlos Núñez, Aliboria, Milladoiro e Mercedes Peón entre os artistas principais
12/07/2019
Óscar Quant debuta co libro "Bailando sobre el parqué"
10/07/2019
Os Amigos dos Músicos "Segundo fogar"
18/06/2019
Dios Ke Te Crew "O ciclo da serpe"
17/06/2019
Los Eternos "Vientos solitarios"
Mike Farris and the Fortunate Few no Inn Club, 6-outubro-2018


Dous anos despois da súa última visita a Galiza, o ex dos Screaming Cheetah Wheelies volvía a Galiza. Daquela cita na Sala Capitol repetían moitos (e seica se estreaban) na Inn Club da Coruña, máis especializada no chamado “indiestream” que nas tendencias rock máis clásicas. Precisamente nesas nas que tan ben se manexa Mike Farris grazas á súa tremenda voz de branco con alma de negro e unha banda de formato básico máis que solvente: o baixo Justin Ferwerd, o gran batería Jordan Hymon e dúas guitarras.

Malia estaren a presentar o recentísimo álbum “Silver and Stone”, o de Tennessee prescindiu das cancións máis ornamentadas ou contidas para presentarnos as de corte máis blues e rock: “When Mavis Sings”, “Snap Your Fingers”, “Are You Lonely For Me, Baby?” ... e acompañalas de versións impecabeis como a súa interpretación intensa do “Folsom Prison Blues” de Johnny Cash ou o “Homeless Child” de Charlie Musselwhite, así coma un bloco adicado a Tom Petty, que morría nestes datas hai un ano. As elixidas foron “Swingin" ” e “Room at the Top” do álbum “Echo”, que alí nos recomendou, e a archicoñecida “American Girl”. Pura convicción, devoción e calidade interpretativa para lucimento da súa voz e os solos sempre ao fío do exceso de Phil Shouse (guitarrista habitual de Gene Simmons). Esta unión sen dúbida reforzou algún comentario de que Farris podería sacar un álbum de hard rock clásico.

Sen máis artificios que a paixón polo rock ben feito que non pasa de moda, Mike Farris cos Fortunate Few volveu convencer, gañando a nostálxicos da banda coa que se deu a coñecer, pois recuperaron algunhas cancións que había anos que non interpretaba en xira, como “Boogie King” ou “Magnolia”. Iso si, mágoa dun volume excesivamente alto e a hora de espera desde a apertura de portas. Que os clásicos xa temos unha idade e compromisos. ;-)

Pepe Cunha, 8-outubro-2019





Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo