


magín blanco & burgas beat clic
Tras dous álbumes en solitario con PAI-Música, Magín Blanco achega a banda Burgas Beat para gravar esta conexión ourensá que, con xustiza para co título, fai "Clic". Aínda que as cinco composicións que aporta poidan apoiar esa impresión, este non é un disco do Magín cunha formación máis estable. Porén, tanto as súas como as de Carlos Rego manteñen eses sinais de identidade ben recoñecibles por quen escoitamos "Ella" e "Realidad" (álbumes do primeiro) como o recomendable "Ni una sombra en el horizonte" que a Burgas editara con Rock Indiana. Sempre dentro de correntes do pop-rock clásico e con moitísimas influencias comúns, esta colección amosa unha destacable variedade musical, que vai desde o sonido sixty de "La gran ola" aos aires de songwriter americano, ora con banda en El big bang" ora máis intimista en "La chica de los pies gigantes", por citar só uns exemplos. Sería de xustiza citar as 10 novas cancións, mais quedarei coas miñas outras favoritas dentro do alto nivel do disco: "Canto de serea", "No volveré" ou "Mejor que esto". Coma guinda do pastel, unha versión da "Anduriña" de Juan y Junior que tamén fai clic. Unión de forzas, azos, cultura musical, sa obsesión pola procura da canción redonda e dose de talento ou personalidade nos textos. PEPE CUNHA 15/07/08
martín & garcía asociadosPara o seu terceiro álbum, Pablo Martín e Josu García deciden cambiar de nome e apostan por un máis persoal ao uniren os seus apelidos. Sen embargo, os anteriormente coñecidos como La Tercera República non mudan os sinais de identidade musical: o pop rock de influencia estadounidense na onda duns Jackson Browne ou The Eagles, con finas guitarras e un bo uso das voces e dos retrousos. Nisto ten moito que dicir a produción de Alejo Stivel, con tan bos resultados no gancho cara a unhas audiencias maiores. Entre o uso e abuso de tópicos ou discursos manidos, co exemplo dun sinxelo ("Acción") que non é do mellor do disco, atopamos atopamos bos momentos nos aires country e o discurso algo canalla de "Yo ya me iba" co dobro de Ramón Arroyo (Los Secretos), o rock and roll de "Ya me lo dijo mamá", "No apagues la luz" ou a máis melancólica "Paraísos". Unhas cancións especialmente indicadas para amantes da corrente menos melancólica duns Secretos e imitadores-seguidores-afíns. Moito máis difícil é que esperte atención en quen procuren algo máis de risco. En MySpace. PEPE CUNHA 12/07/08
universal circus hello sunshine
En breve. PEPE CUNHA 1/07/08
discordia diska con el filo de la lengua
Este seu cuarto traballo de estudio ofrece 13 cancións con vocación de himnos antisistema: rock combativo, de puño en alto e ateigado de enerxía punk na súa maior parte. Na menor apuntan coqueteos co heavy, o folk e mesmo o hip hop coa presenza dos rapeiros Inspiración en la Calle en "El hormiguero". Mais non conseguen evitar na repetición, polo que un disco que comeza con forza acaba diluíndose pola pouca variedade musical. a pesar das verdades que cantan contra as inxustizas características do sistema no que vivimos. Mais agradeceríase que eles mesmos fosen tamén inconformistas no musical, aínda que o principal é ser coherente cun mesmo e quizais se conformen con cantar "canciones que abren fuego sin tener que disparar". Do que non hai dúbida é que hai "rabia en el aire que nadie podrá callar" aínda que algúns pensemos que iso se poida acompañr de máis riqueza musical. PEPE CUNHA 12/07/08

