discos
comentados en abril ´07_1
máis en arquivo
rarefolk
natural fractals
p f sloan

rarefolk natural fractals

Esta formación andaluza comezou moi ligada á tradición celta hai 12 anos, mais co tempo gañaron para a súa proposta a calificación de freestyle folk. Neste seu cuarto álbum oficial mesturan instrumentos acústicos e secuencias electrónicas, o break beat e o jungle, con toques tradicionais étnicos e irlandeses. Non é de estrañar que duns anos para acó sexan chamados non só a festivais de todo o Estado, senón tamén a xirar polo estranxeiro e compartir cartaz con prestixiosas formacións mundiais, pois a súa proposta capta ben rápido ao público por orixinal e ben feita. En youtube. PEPE CUNHA 01/04/07

la costa brava velocidad de crucero

A banda co-liderada por Sergio Algora (El Niño Gusano) e Fran Fernández (Australian Blonde) gravaran os seus primeiros 4 discos en só 2 anos labrándose unha merecida reputación de compositores de cancións frescas, sinceras e carentes de complexos. Con Dani Garuz fóra para adicarse ao seu proxecto DA e a incorporación do ex-Tachenko Ricardo Vicente, traballan definitivamente por separado: "Esta vez hemos decidido trabajar como los Beatles del disco blanco, vamos, por separado", comenta Algora. Seica hai tempo que son un ben acabado mecanismo de facturación de boas cancións pop, cunhas letras que seguen a destacar ben por riba da media estatal. Este sexto traballo volve ser unha amalgama de aires retro, gusto polos 70 españois, surrealismo, realidade, humor, ironía, lembranzas da adolescencia e incluso unha referencia ao televisivo Diario de Patricia ou "La prueba del polígrafo". Disparar a discreción ten o risco de non atinar sempre, mais no balanzo xeral do álbum, os acertos superan os momentos prescindibles e esas obviedades coma "Dispositivo" que impiden ao álbum convertirse nalgo máis que un lugar onde salvar algunhas moi boas cancións. O mellor do disco? Que de seguro cada crítica ou reseña que leas terá diferentes favoritas: "Justicia poética", “Te cambio por un mundo donde no valga la pena”, “Casado con otra”, "Amor bajo cero" ou “El hombre que perdió los papeles”. PEPE CUNHA 01/04/07

dakota suite waiting for the dawn to crawl through and take away your life

A banda orixinaria de Leeds e liderada polo atormentado Chris Hooson regresa con este 7º álbum tras varios anos de silencio. Quen os coñece xa sabe das sobrias composicións construídas a piano e guitarra, das historias de dor e sufrimento, da voz melodramática e os sutís detalles de cordas, ventos e harmonías vocáis. @s sensibles e fans volverán atopar tristeza, melancolía, nostalxia e, na edición limitada, un digipack que inclúe un DVD co documental sobre a banda "Wintersong", que vén de recibir un premio no festival "Visions du reel" de Lyon. A fermosa tristura e delicadeza de cancións como "Never Much To Say", "A Darkness of Moons", "I´m Leaving You" ou "Because Our Lie Breathes Differently" está fora de dúbida. PEPE CUNHA 01/04/07

p f sloan sailover

Como este é o seu primeiro lanzamento nos abUSA en 30 anos, hai que comezar por dicir que neste regreso vén arroupado por compañeiros na súa relectura dalgunhas das cancións que labraron a súa reputación, que as novas composicións son tan boas como a súa adaptación á madurez (en textos e música) e que está estupendo de voz. Moi cercano por momentos ao seu amigo Dylan en "Violence" ou "PK & the Evil Dr Z", "Soul of a woman", máis roqueiro en "Sailover", romántico en "If You Knew".. e flanqueado por Frank Black en "Eve of Destruction" e "Halloween Mary", onde tamén está Buddy Miller, Lucinda Williams en "Sins of a Family", Felix Cavaliere (The Rascals) en "Where Were You When I Needed You", Garry Tallent (E. Street Band), Tom Petersson (Cheap Trick), etc. E aínda por riba o álbum está producido en Nashville, soando magnífico. P F Sloan está en forma, e non sería xusto que este regreso quedase coma unha anécdota. Na web da de DOCK-LAND. PEPE CUNHA 01/04/07

nouvelle cuisine autodictado

Con base na Coruña, mais desperdigados por outros lares, Nouvelle Cuisine levan uns 5 anos traballando nunha proposta que reflicte a súa querencia pola chançon francesa, a bossanova, o brit pop e bandas do panorma indie estatal como Tachenko ou La Buena Vida. Foron a banda revelación no festival ContemPOPránea do pasado ano e agora no 2007 por fin editan un primeiro álbum de seu. Iso si, totalmente independente, en edición exclusiva, artesá, limitada (ollar o seu fotolog ) ... e completando o álbum case por casualidade: andaban a gravar a súa boa recreación da "Pandeirada" (aquí incluída) de Andrés do Barro para a homenaxe a este pioneiro e acabaron gravando 11 temas máis. Si, un son recoñecible e identificable, mais con carente de meritorias cancións coma "Mapa", xa un hit que lembra ao son de guitarras de La Habitación Roja, "Aritmética polar" ou "Dos torres". Podes baixalo de balde na rede... mais o formato físico xa é máis complicado e digno de valoración. PEPE CUNHA 01/04/07

la costa brava
velocidad de crucero
dakota suite
waiting for the dawn to crawl through and take away your life
sailover
nouvelle cuisine
autodictado