

xerramequ e tiquis miquis obrador
O segundo disco deste dúo catalá que forman Marc Serrats e Marc Grau é unha auténtica festa rica en músicas "negras": reggae, soul, funk, raggamuffin, boogaloo... Eles preparan unha colección de cancións que producirán eles mesmos e para cuxa interpretación chaman a amig@s doutras formacións catalás que enriquecen tanto nas voces como nos instrumentos. Así a voa de Yacine Belahcene (Cheb Balowski) e o violín de Carol (La Carrau) en "Canto", Pele Viader (La Thorpe Brass) no reggae "Autorganizador de passions", Joan Garriga (Dusminguet) cantando o texto de Salvador Espriu e Tónia Passola en "Cada moment", a áspera voz de Miquel Gil e a mandola de Toni Xuclá en "Tombar-me al teu costat", Carles Belda (Pomada) no poema musicado de Pere Quart "Cançó explícita"... E moitas máis, nunha sorte de disco colectivo como era o gran "Brigadistak..." de Fermín Muguruza. En definitiva, un disco riquísimo para disfrutar a cada nova escoita sin que resulte complicado para oídos pouco habituados. Un premio para quen deixen os prexuízos fóra. PEPE CUNHA 07/12/06 Propaganda-Pel-Fet
Ciudades para el Siglo XXI. BSO da serie de TVE. Música de Juan Bardem
Este segundo volume consta dunha CD viaxe musical por Ávila, Granada, Alcalá, Logroño, Melilla, Zamora, Ceuta, Terrassa, Palma, Toledo, Zaragoza, Huesca, Ibiza, Cartaxena e Santiago. O DVD inclúe os capítulos I e II da serie documental de TVE Ciudades desde el aire. O realizador Nel Escudero califica atinadamente a Juan Bardem coma un "músico versátil" e deste traballo "tan diverso, extenso y vivo como son las propias ciudades españolas del siglo XXI". Gratas escoita e visualización. PEPE CUNHA 07/12/06
trevor jones música de cine
Dentro do I Festival de música de cine de Madrid (SONCINEMAD) e no Teatro Monumental, o compositor surafricano dirixiu a Orquesta Sinfónica y Coro de RTVE o 1 de xullo deste 2006. Esta gravación en directo contén interpretacións de suites de "Merlín", "Por amor a Rosana", "Los últimos días en la tierra" e "Cristal Oscuro", así como fragmentos doutras bandas sonoras como "Fields of Freedom", "O derradeiro mohicano", "Aegis", "Un mundo a su medida" ou "Máximo riesgo". O propio Trevor Jones confesou ao rematar o concerto que, durante o mesmo, vivira emocións xamais sentidas ata ese momento. Gran parte da "maxia máis aló das imaxes" pode ser disfrutada poñendo este CD nun bo equipo de música. PEPE CUNHA 07/12/06
