




linda draper
doctor divago revuelta elemental
Vaia por diante que desde que os vin no Felipop do 2004 disfruto dunha especial debilidade por este combo valenciano. O seu séptimo álbum podería significar xa o gran salto de recoñecemento popular destes valencianos que o merecen con creces por varias razóns: 1) a banda seguen a asinar estupendas cancións de corte clásico, 2) os textos de Manuel Bertrán seguen a destacar no panorama nacional, 3) as certeiras producción de Dani Cardona e masterización de José Mª Rosillo, 4) os coidados arranxos: as teclas de Paco Tamarit, as guitarras, a batería, o baixo, a armónica de Chumi, 5) o coidado deseño de Chumi tanto no libreto como na web... En definitiva, que son unos tremendos profesionais, uns currantes con bo gusto, e que das 13 novas composicións sería inxusto non destacar o bo nível xeral. Algúns medios tempos poden resultar algo espesos, pero "Los tontos buenos tiempos", "La mala herencia" (coa estupenda voz invitada de Víctor Ortiz, da banda dos 60, Los Huracanes), "Camino de regreso", "Tengo amigos", "Dios en el lóbulo parietal", "Tres billones de latidos" ou "Exceso de compatibilidad" son verdadeiros dardos directo ao centro da diana, e xa mencionei a metade do álbum!!!. Non abonda o bo rock de sempre feito en castelán, así que non deixes pasar a oportunidade. web da banda PEPE CUNHA (02/02/06)
chema vargas mundo en espiral
Tanto os nostálxicos dos mellores momentos do pop español que ten coma referentes a Nacha Pop ou Los Secretos, coma os que disfrutamos das boas cancións, estamos de noraboa con este flamante debut discográfico. ¿Qué máis se pode pedir se se conta, aparte do necesario bo facer na composición, cunha magnífica producción e destacables colaboracións como a de Antonio Serrano na prometedoramente jazzy "Por tus ojos negros", a guitarra de Álvaro Urquijo no sinxelo "Los años traviesos" ou a voz de Antonio Vega acompañando na fermosa balada "Escrito sobre el viento"?. A destacar unha atinada banda e cancións que procuran non caer na reiteración de formas como a vitalisticamente nostálxica "Para toda la vida" que lembra as composicións máis vitalistas (xerlamnte as de Nacho G. Vegas) de Nacha Pop ou o leve toque skatalítico de "Al día seguinte de decir adiós". A pega de dotar de variedade ao álbum é caer en cancións quizais menos interesantes aínda que máis asequibles para un público menos esixente, coma "Sevilla sin ti" ou "Rosa de piel morena". Afortunadamente, son as excepcións que confirman o bo ton xeral. PEPE CUNHA (2/03/06)
seine the voice of the youth
Este era un dos debuts máis agardados a nivel estatal por mor das excelentes críticas que viñan colleitando de diversos medios. E tras un par de escoitas, non defrauda en absoluto. 45 minutos en 13 cancións directas(máis unha "Oberture/Fanfare"), con claros debuxos pop e pegadizos riffs de guitarra. Comproba ti mesmo se as estupendas críticas que están a recibir son ou non xustificadas, pois ao meu parecer non teñen nada que envexar ás bandas británicas dos últimos tempos (The Libertines, Franz Ferdinand...) coas que comparten clarísimas influencias dos Clash, The Jam, Blur, .... Rebosan descaro, arrogancia ("somos uno de los mejores grupos que hay en este país") e aínda que sexa moi pretencioso dicir que van a "salvar el rock", contribúen a animar o noso panorama con boas cancións e moita actitude. Algo do que non andamos sobrados. Edita WildThing. PEPE CUNHA (20/02/06)
linda draper one, two, three, four
Con xa tres discos publicados no mercado norteamericano apreséntase en España con este cuarto e da man de MushroomPillow. Kramer(Low, Galaxie 500, Urge Overkill) produce estas doce mostras dun folk cheo de sensibilidade, atmosférico, de deliberado sosego que nos chega desde a parte máis recollida da ruidosa Nova Iorque. Música e textos sinceiros, íntegros, ben sentidos e interpretados por unha fermosa voz e a instrumentación máis axeitada e rebosante de matices. Outra cousa é resistir tan coidado repouso máis aló das destacables "Super Zero" "Baby Inchworm", "Jezebel", "The Sleeping Giant" ou "Seven Black Crows". Quedas avisado: para disfrutar sen presas. PEPE CUNHA (13/02/06)
bloomington activando la disidencia
O terceiro álbum, primeiro en castelán, destes extremeños que amosan especial predilección polo indie-rock dos 90. Atopamos nove cortes intensos, potentes, de letras que procuran a reflexión, por momentos espesas pola ausencia de estribillos. "Buscar las palabras que activen de nuevo / las voces robadas a nuestro silencio" cantan en "No está perdido", un dos temas máis destacables xunto con a significativa "Madrid Rock", "Redactor jefe"("Palabras que se escriben con las precauciones del que nunca puede naufragar"), "La corporación" ou "Lugares comunes". Pouco máis de media hora, incluíndo coma bonus track o corte máis tranquilo do álbum. Se es dos que aprecian as letras comprometidas entre melodías rock, achégate a eles. Edita Aloudmusic PEPE CUNHA (10/02/06)
