

the last 3 lines you are a big forest
Notable debut discográfico dunha proposta de melodias directas e marcadas, con agudos riffs de guitarra, xa desde o principio coa post punk "Sometimes the Trigger...". Moitas influencias de formacións after punk, agresivos, cheos de furia roqueira, coqueteos co indie e algunha canción destacable entre tanto derroche como "A Prison With Wives" ou "Growing Stones". Un bota en algúns momentos de máis tranquilidade ou variedade, agradecendo máis matices e cambios, pero ante a contundencia de "A Substitute", "I Don´t Wanna Know" ou "Myriana" pouco hai que obxectar. Non obstante cara a vindeiros traballos haberán de ofrecer algo máis, como apuntan eses 8 minutos finais de "You Are a Big Forest", tema que fecha o álbum dun xeito lixérsico e experimental. Quedades avisad@s: cascos, arriba o volume e visita ao seu MySpace. Edita SinLovers Records. PEPE CUNHA 17/03/08
travolta manual de redención
Aínda non se cumpría un ano da edición do seu debut e Travolta editaba xa a continuación de "El efecto amor", un dos álbumes máis destacados do 2007 a nivel nacional. Esta nova colección amosa máis luminosidade, máis cercanía e menos piano, cancións pop con estupendos coros de Ana: "Un buen hombre", "Cosas grandes y cosas pequeñas". De feito e corroborando ese maior protagonismo nunha das pezas máis tranquilas, "Esa luz que ella vio", ela é a voz solista. Outras cancións destacadas son "Voy adonde está la guerra", o momento máis cru do disco, ou "Esa canción nos salvó", de pura inspiración 50´s. As comparacións entre os dous discos serán inevitables e así como aquela "Corazón valiente" podería estar neste segundo disco, aquí a lembranza do primeiro disco pona "En el río aquel (a veces pienso en mi entierro)". O que pouc@s porán en cuestión é que Joaquín Pascual segue a facer méritos para manterse no seu posto destacado dentro da escena independiente española. Edita Mushroom Pillow. PEPE CUNHA 17/03/08
xabel vegas y las uvas de la ira el óxido
Tras o mini-álbum "Canciones sobre traiciones y mentiras", volve Xabel cun álbum completo e acompañado por unha banda nova, Las uvas de la ira. "Me apetecía estar con gente joven, y no lo digo por la edad, sino que hablo de gente virgen que no haya grabado un disco ni haya hecho una gira; gente con ilusión y afín a mi." Isto pode explicar en parte a preponderancia dos textos con respecto da música que, aínda que se procure unha linguaxe propia, bebe do xeito folk e amplamente narrativo de grandes referentes como Cohen, Patti Smith ou Dylan. A semellanza co seu irmán están non só as cordas vocais senón tamén a educación, con influencias comúns e un destacable nivel compositivo. Así tras os aires de marcha de "Exilio, País natal" e a estupenda "Enciéndeme“, chegan os 7 minutos de "Dulce sangrar" e algúns bos momentos máis antes dos 9 minutos finais de "Plan num. #3#". "Lo que más me interesa es indagar en las partes más oscuras del ser humano” di o propio Xabel, quizais en demasía obsesionado coa parte narrativa. Desde logo se consegue crear cancións máis redondas confirmaremos unha promesa dos cantautores folk-rock do país. Edita MushroomPillow. PEPE CUNHA 17/03/08
señora carmen na flor dos meus anos
Se xa se distinguía PAI música polas coidadas edicións dos seus traballos, nesta ocasión semella máis ca xustificado porque se trata do debut discográfico da Señora Carmen, das Malvela. Este traballo está composto de libro, CD con 11 cancións e un DVD documental, todos eles caracterizados polo respecto, admiración e cariño que provoca esta alfaia da música galega tradicional viva e rebosante de humanidade aos seus máis de 80 anos. Mais non sería xusto quedarmos só no anecdótico, pois o cantar da protagonista conta coa presenza de músicos destacables como Paulo Borges ao piano, Isaac Paladín (Berrogüetto) na percusión, os arranxos de Uxía Senlle, Gustavo Domínguez, os pequenos agasallos de Rodrigo Romaní, Budiño, os magníficos duetos de Uxía en "Asa do vento" e Dulce Pontes en "É mentira", o fermoso acordeón de Pablo Lorenzo no instrumental "Amor na cume" e as notas do literato Fran Alonso. En resumo, un álbum que conxuga con agarimo e bo gusto a tradición e a contemporaneidade. Chapeau ! Vídeo de "Na flor dos meus anos" e de "Ramo verde", PEPE CUNHA 17/03/08

