


josele santiago garabatos
Tras o éxito de "Las golondrinas, etcétera", Josele, da man de Pablo Novoa na producción, aposta agora por unha continuación máis fresca e directa, rexistrada en directo e dun xeito practicamente acústico e íntimo. Neste contexto cómpre mencionar a uns musicos que se locen: o mencionado Novoa está magnífico na guitarra, Marina Sorín no violonchelo, Lucca Frasca no órgano e piano, Ricardo Moreno na batería e Mac Hernández no baixo. Mais non esquezamos a imprescindible materia prima, esas cancións que dean sentido a o proxecto. E afortunadamente seguimos a disfrutar da irónica lírica de Josele, da súa voz persoal e dunha interpretación sentida e axeitada aos estilos que mellor lle van. O rock suave de "Pensando no se llega a ná" lembra o seu pasado cos Enemigos, "Baile de los peces" ten un irresistible ar de swing ou music hall, as baladas " En tu estampa" e "Farol"... invitando, como case sempre ocorre con Josele, a que cunhas poucas palabras o ouvinte faga a súa propia interpretación. E a guinda de Josele cantando en italiano na versión que pecha o disco, o "Buonanote Fiorellino" de Francesco De Gregorio". Para escoitar e disfrutar con calma dun artista imprescindible no panorama estatal tamén coa súa carreira en solitario. PEPE CUNHA 1/11/06 web artista.
biscuit time for answers
Se o seu primeiro álbum con Rock Indiana, "Rock My Little World", foi considerado unha mellora sustancial, a banda catalá máis roqueira deste selo entrega un álbum impecable, rebosante de enerxía e grandes cancións para calquera afeccionado ao rock clásico e as súas variantes. Sobran razóns para facerse con "Time for Answers": a recuperación versión da "Her Big Man" dos garaxeiros Brigands, unha impresionante "Rage Song" que por momentos lembra a Neil Young ou Rory Gallagher, "Wendy´s House" que regala uns coros estupendos, os detalles soul dos ventos de "(Can´t Stand To) See You Crying" ou o teclado de "Mike Hammer´s Casting Guy Shuffle", el hard rock de "R´n´R Exile", o coqueteo coa psicodelia de "Left Behind", a presencia do folk e a voz feminina en "Time For Answers" e durante algo máis de media hora riffs contaxiosos, melodías elaboradas e tremendamente efectivas, unha base rítmica sen fisuras, un vocalista á altura das circunstancias e sempre a melodía coidada... Joder, perderse este disco a 5 € é simplemente imperdoable. PEPE CUNHA 01/11/06 weblog da banda ; web de Rock Indiana
joaquín talismán el gallinero del cielo
Non falamos dun novato, nin moito menos, pois estamos ante un compoñente de Rumor (grupo que pasou polo Felipop 2006) e colaborador de moitas bandas e proxectos da área murciana. A continuación de "No me trates mal" do 2002, tamén editado no seu selo Perdición constata que, de novo acompañdo por estupendos músicos e a producción de Antonio Fidel (que fora baixista de Los Rápidos e El Último de la Fila) podemos seguir falando de pop de autor. Mais etiquetalo é tarefa pouco doada ao falarmos dun artista de maneiras máis ben estándar ou convencionais para o panorama independente e totalmente esquecido polo mainstream. Así o gran público queda sen coñecer temas como "Hay algo" ou "El gallinero del cielo", aínda que xa o seu debut en solitario non estivera tan traballado no musical e fora máis accesible nos textos, pero non anda o panorama para grandes, nin pequenas, complicacións líricas. O mellor e máis xusto é falar dun artista que escrebe cancións pop elaboradas pero refrescantes sen deixar de falar de asuntos algo existenciais en canto á vida só e en parella, e sempre cun toque romántico. Ao longo do álbum atopamos boas frases desas que che fan seguir escoitando, pois os que non teñen présa nin compromiso só editan coleccións das súas cancións cando teñen algo que contar. El teno claro: "No tengo papel principal, soy un extra de la vida, con más fe de la debida, en mis posibilidades de mejorar". PEPE CUNHA 01/11/06 web do artista
the winnerys daily urban times
Tras o éxito do seu primeiro álbum, "And...The Winnerys" (2003), apostan por un salto na producción, na composición e, en xeral, na dedicación aos máis mínimos detalles. Continúan coas guitarras brillantes, as melodías redondas e unhas armonías vocáis traballadísimas, pero abren máis o seu abano estilístico (sempre clásico) que xa non resulta tan dominado polo beat, aquí ben representado por "Get Into My Life". Se non te cansas dos Beatles, Hollies, Badfinger, Big Star, The Kinks...este é un álbum moi disfrutable. "My Little Good Friend" é puro Macca. "Mr. Cupid´s Puppet Show" lembra aos Who, o beat do primeiro disco mantense en "Get Into My Life", o rock´n´roll de "No Longer White", o swing e o pop de "Humble Heart", "Big Times" é puro hedonismo pop...Mais as novidades máis salientables, gustos aparte, vén aportada pola pegadiza "My Daily Ray of Sunshine" cun suave toque ska e o baixo ben protagonista, a longa e ambiciosa "Urban Lady Blues"que trae á mente o primeiro Steve Winwood, ou a balada "Peace In The World" con arranxos orquestrais de José María Guzmán e o acompañamento vocal de Eva Amaral, . En definitiva, que unha hora de pop en mans de The Winnerys dá para moito... e bo. Un disco para saborear e a un prezo de ganga. PEPE CUNHA 01/11/06 CincoEuros.com

