




los negativos
la cabra mecánica hotel lichis
Estamos ante un festín de composición, de textos e de música: un disco moi disfrutable, entretido, rico en talento. Para acompañar os sempre inxeniosos textos de Lichis non faltan as rumbas "La uña de la rumba" e a tremenda "El malo de la película", pero o artista volve amosar aos que encasiñan facilmente que él si ten talento e paixón pola música. Así, neste "Hotel Lichis" amosa un gran abano de estilos: pode lembrar cos loops a Manu Chao en "Ay! poetas", "Gracias por nada" é indie pop, "Siesta" é un rocanrol bacilón, o tremendo reggae "El mundo ya no necesita una canción de amor", o rock grunge de "Son las 13:14", a fermosa "A veces un cielo"("A veces es mala / a veces un cielo / a veces me mata / o por sus huesos muero / la vida es una canción / que yo tarareo"), a verbeneira "Tu casa de Terrassa", cabaret-jazz en "Pinocho", rapea en "Hotel Lichis"... Él compón no seu propio estudio (aproveitou os cartos do merecido pelotazo post-"Vestidos de domingo" para reinvertilos na súa profesión), toca case todos os instrumentos pero, atinadamente, recorre ao mundo exterior coa producción de Daniel Alcover. O resultado un álbum cun potencial comercial incuestionable pero, dado estado de xordeira xeralizada, non me estrañaría que os que vendan sexan os alumnos ou imitadores mediocres...Por se había dúbidas, no sólo de rumbas vive el Lichis. web de La Cabra DRO-ATLANTIC PEPE CUNHA 10/02/06
ariel rot ahora piden tu cabeza
Pódese falar unha vez máis da elegante guitarra de Ariel Rot, o son impecable (sen perder frescura) da producción de José Nortés, as sempre agradecidas colaboracións de Tito Dávila (coros e teclados) ou Luca Frasca (Hammond), un xeito propio de cantar e de asinar composicións baseadas en observacións e reflexións sobre o vivido e o visto, sobre o paso do tempo. Mais se non houbera cancións todo quedaría en nada e, afortunadamente, aquí as hai: a marabillosa "Yo no sé dónde estaría" en clave de chacareira, as baladas "Muñeca rota" e "Los tipos duros no bailan" (herdeira daquela alfaia que era "Vicios caros"), "Promesas de ayer", a roqueria versión de "Como la cigarra" de María Elena Walsh, a cita co inxenioso texto de Makaroff en "Swing", ese pedazo de sinxelo tarareable que dá título ao álbum... Se xa conservabamos unha boa lembranza da presentación en Compostela e agora constatando que alomenos a metade deste álbum raia a gran altura, un só pode agardar a que os seus colegas na primeira fila dos nosos roqueiros solistas estean á altura. En "Historia incompleta" canta: "Porque quizás mi mejor disco hace tiempo que lo hice" e quizáis "Cenizas en el aire" manterase coma o traballo que o colocou arriba, pero, sen sorpresas nin decepcións, e resumindo moito, "Ahora piden tu cabeza" só quedaría algo por detrás no repertorio e quizais algo por encima na interpretación. web do artista. DRO-ATLANTIC PEPE CUNHA 10/02/06
razzmatazz ´05
Terceiro ano consecutivo no que DJ Amable, o pinchadiscos residente da prestixiosa sala barcelonesa, selecciona e mistura unha sesión chea de pop-rock indie, de guitarras bailables, ritmos pop...en definitiva unha boa mostra de cancións editadas neste ano que remata. Inclúe novidades de nomes tan recoñecibles coma Paul Weller, Super Furry Animals, Ocean Colour Scene, Stereophonics, Eels, Franz Ferdinand...e outros que piden paso coma El Columpio Asesino, Delorean, Kasabian, Cycle... Se queres ambientación "moderniña" aquí tes 2 horas e media de perfecta banda sonora. Pon ti o resto. sinnamonrecords PEPE CUNHA(14/12/05)
los negativos piknik caleidoscópico
Inencontrable en CD ata o de agora o selo Mushroon Pillow vén de ter a oportunidade e bo gusto de editar ²Piknik caleidoscópico² (1986), un dos mellores discos da historia do pop español se non o mellor, por parte dunha banda que se adiantou nunha década ao revival psicodélico dos 90. Quen o dubide só ten que escoitar estas14 alfaias, o máis inspirado catálogo feito en España da psicodelia, ao folk rock, o surf e o garaxe dos ano 60: dos Beatles de "Revolver" aos Byrds e a ducias de bandas que concentraron nos sinxelos a súa innegable inspiración. Este disco contén sete sinxelos con dobre cara A, xa sexa no garaxe de "Moscas y arañas" ou no folk rock de "Viaje al Norte", "Habitación realmente pequeña", etc. As letras mantense frescas e divertidas e, se o estímulo non fora dabondo, o artefacto vén acompañado dun libreto primosroso coas letras, de catro maquetas previas e dous vídeos de "Moscas y arañas" e "Habitación realmente pequeña". Só o momento no que foi editado, cando a psicodelia interesaba a catro, e o afundimento do selo Victoria, no que foi editado, así como a mala sorte dunha banda que mantivo o tipo co seu seguinte traballo, "18 sábado amarillo", poden explicar que a sona deste traballo non sexa maior. A ver se con esta reedición logramos entre todos paliar esa inxustiza histórica. ¡A descubrilo ou a recuperalo, xa! ALONSO MACPETECAM (28/11/05)
los raveonettes pretty in black
Neste seu terceiro álbum, os dinamarqueses soan máis acústicos e espidos, coma se quixesen abandoar un pouco esa eterna referencia que se lles fai cara a The Jesus and Mary Chain. Atopamos un pouco menos de distorsión e electricidade, pero non falla a súa paixón polo rock and roll e o pop americano dos 50 e os 60 (as produccións de Phil Spector, a música surf, os cantantes country pop coma Ricky Nelson...)e "Pretty in Black" ofrece tan bos resultados coma a perversa versión de "My Boyfriend´s Back" (con Martin Rev de Suicide coma invitado), a clara homenaxe a Phil Spector de "Ode to L.A." (con Ronnie Spector), "Here Comes Mary" (inspirada no "All I Have to Do is Dream" dos Everly Brothers), o claro sinxelo "Love in a Trashcan", a colaboración de Moe Tucker (batería da Velvet Underground),ou unha "If I Was Young" que podería soar perfectamente na banda sonora de "Blue Velvet"... Para isto das revisións hai que valer, e Sune Rose Wagner e Sharin Foo conseguen achegarse á atemporalidade. Un bo disco. MushroomPillow PEPE CUNHA (17/11/05)
