




popland 25 hit parade
da dormidos en el zoo
Daniel Guzmán, membro dos prolíficos La Costa Brava, debuta en solitario cunha colección de cancións que apunta moi boas maneiras para labrarse un destacado lugar nopanorama do pop independente español. As catro primeiras cancións do álbum son unha moi boa mostra da persoalidade deste artista pop: coidada instrumentación, melodías traballadas e letras por momentos enchoupadas de ironía. "Todo puede ser" non desentoaría nun traballo de LCB, "Velocidad absurda" é moi bo sinxelo, a intimista "Para siempre", "Tigres vegetarianos" cunha guitarra característica de Paco Loco (productor do álbum)e que fala das contradicicións dos tempos nos que vivimos. O resto do álbum xa non consegue manter a curiosidade, cunha versíón de "Mi chica está en coma" dos Smiths bastante prescindible, aínda que nalgúns devaneos coa electrónica e nos textos ("El futuro más acá") apúntanse boas ideas. En resumo, un disco tremendamente persoal e prometedor, que provoca indiferencia ou unha total complicidade(de aquí probablemente algunhas esaxeradas críticas que xa está a colleitar), pero con cancións que xa son unha realidade, dignas de atención e disfrutables. MushroomPillow PEPE CUNHA (17/11/05)
raydibaum the biggest box
Tra-las boas críticas que recibira o seu EP de debut "Grided Elephant" (CyydoniaRecords2004), estes barceloneses (dous ex-Fromheadtotoe e os outros dous tampouco acabados de chegar) entregan 10 novas cancións do que se vén en chamar emo-pop (pop emocional). Composicións complexas, medios tempos que foxen de obviedades e lugares comúns, apostando por gran cantidade de matices. Son uns perfeccionistas arredados da inmediatez coa intención de soaren persoais e labrarse un nome propio. O mellor de todo é que o van conseguir porque amosan moito traballo nos matices e unha atinada e intensa combinación de guitarras eléctricas e acústicas, sons electrónicos e un Valen Nieto ben nas voces. A destacar "Galactic Breadbear". Aloudmusic PEPE CUNHA (17/11/05)
tarik y la fábrica de colores sequentialee
O debut de Tarik con MushroomPillow amósase coma un estupendo traballo de eclecticismo pop. Non me pidan que escolla só unha canción...nin só 3, pois inclúe as luminosas melodías de "A balón parado" ou "Porque es domingo", unha "Oyendo canciones" que lembra ao último Josele Santiago, un instrumental de corte frenchie ("Un apartamento en Père Lachaise"), unha exitosa versión do "Cinnamon Girl" de Neil Young, o toque psicodélico de "Wasted Song", "Velvet Suicide", a inspiración dos Jesus and Mary Chain en "Algo que cae como la lluvia" ... E por riba o manexo do inglés nos temas qeu ocupan o centro do compacto non é en absoluto gratuito. Tarik non se prodiga demasiado, pero benvido sexa cando as súas entregas asoman traballadas cancións que soan frescas a pesar dos detalles que as adornan. Inclúe colaboracións de membros de Limousine e de Eric de Los Planetas para un dos traballos do ano dentro do pop nacional. "Sequentialee" e un álbum que se pode escoitar de principio a fin coma poucos nos últimos tempos. PEPE CUNHA (7/11/05)
Dous recopilatorios complementarios e a bo prezo.
popland 25 hit parade é unha colección de éxitos do selo pop ElefantRecords, con nomes tan destacados coma Cooper ("Cerca del sol"), Los Flechazos ("En tu calle"), Carlos Berlanga ("Vacaciones"), Family("Dame estrellas y limones"), Entre Ríos ("Salven las sirenas"), Le Mans, Niza, Camera Obscura ("Keep it Clean"), Patrullero Mancuso, Me enveneno en azules ("Una mañana"), Nosoträsh, Mogul atacando o "Roll with it" de Oasis a base de teclado punk,...Máis brandos, máis guitarreiros, máis tecno, máis sixties, máis intimistas... Moi entretido a aproveitable.
Polo contrario, momentos perdiddos recolle "temas inéditos, rarezas, caras b y éxitos equivocados" e está á venda só na web de Elefant e na FNAC. Atopamos de novo nomes coma os británicos Camera Obscura nun luxo de caraB "I Don´t Want To See You", Cooper, La casa azul, Nosoträsh nunha versión do "Nadadora" de Family, Juniper Moon, Los Flechazos (a versión instrumental de "Stop!In the name in love" xa é habitual sintonía en Abretedeorellas), Spring, Niza, La monja enana, Me enveneno en azules versionando aos Kinks dos 90, Vacaciones... Moito para que disfruten os amantes do pop e os que de vez en cando necesiten esa dose de optimismo adolescente. PEPE CUNHA (8/11/05)
