discos
outono 2005 (3)
máis en arquivo
unforgettable moments of forgettable times
open season
una historia del pop y el rock en españa
super furry animals
love kraft
siwel

british sea power

big mama thornton with the muddy waters blues band

una historia del pop y el rock en españa. Los 70

Como ocorría co primeiro volume (o adicado aos 60), este compilatorio de 40 cancións ten unha impecable presentación en libro disco y unha ecléctica e significativa selección de cancións, feito que se corresponde cunha década con grandes cancións coma "Mediterráneo", "Señora azul", "Entre dos aguas", "Un ramito de violetas", "¿Qué hace una chica como tú en un sitio como este?", "¿Por qué te vas?". , "Un beso y una flor", "A los que hirió el amor"... Non faltan o pop rock andaluz (Triana, Smash, Veneno, Módulos, Las Grecas, Paco de Lucía) o rock urbano nas súas diferentes vertientes (Asfalto, Burning, Ramoncín, Tequila), a canción protesta (Jarcha, Aguaviva), os cantantes melódicos (Camilo Sesto, Raphael, Perales, Danny Daniel, os cantautores (Serrat, Víctor Manuel, Cecilia), as cancións do verán (Fórmula V, Los Diablos) e ata as delicatessen pop de Cánovas, Rodrigo, Adolfo y Guzmán e Vainica Doble. Unha estupenda compra para acompañar aquel anterior "Los 60". PEPE CUNHA (03/11/05) rtve musica

super furry animals love kraft

Coma anécdota, comentar que nos seus contratos discográficos especifican que as forzas armadas británicas non teñan dereito ao habitual desconto na compra de discos. A pesar deste punto combativo ou comprometido, este séptimo álbum da banda ten coma protagonista o amor, aínda que na perspectiva destes galeses, que nos seus álbumes anteriores xa teñen amosado que poden son todo menos convencionais. Seguen a elaborar estupendas cancións, cheas de detalles psicodélicos, pop, rock, electrónica, letras evocadoras, xogos de coros. Cabe destacar tamén a variedade que resulta da presenza de composicións de todos os integrantes da banda neste álbum de regreso a un selo independente. Atopamos cancións que desde a primeira escoita enganchan, coma a fermosa balada "Frequency", "The Horn" ou a bailable "Lazer Beam", pero o máis importante é que nas seguintes un pode adentrarse na riqueza de detalles de "Ohio Heat", a instrumental "OiFrango" ou "Cloudberries". Unha banda a coñecer, e éste é un bo momento. web da banda PEPE CUNHA 19/10/05 Edita SINNAMON RECORDS.

siwel unforgettable moments of forgettable times

Aquí temos a agardada continuación de "Siwel", un debut que para publicacións coma Rock de Lux estivo entre oos mellores álbumes nacionais do 2004. Este xove cantautor valenciano de corte folk song continúa a se amosar especializado en cancións de corte intimista, melancólico, de xeito que quen non gustaron da primeira entrega atoparían máis de mesmo. Pero aínda que soa algo continuista, apreciamos maior riqueza instrumental (dentro do tono acústico marca da casa) e temas destacables coma "Lullaby" (candidata a unha das cancións do ano na escena independente), "Why So Easily?" ou "I Know How This Story Ends" con vocalista invitada. E para pechar o álbum, un tema en castelán "Ahora ya no". Coma ocorre cos diferentes estados de ánimo, deben de ser administrados na súa xusta dose. PEPE CUNHA 19/10/05 Edita Zebra Records

british sea power open season

O debut destes británicos, do que chegaron vender máis de 60000 copias, chamou a atención pola súa estética, escenografía e unha especie de pop melodramático que non era doado de clasificar por unha crítica que os tratou moi ben. Incluso nos Time Out Awards foron votados mellor banda en directo no ´93. Este segundo álbum soa máis coherente, máis acabado que o anterior, con estupendas cancións coma "Be Gone", "To Go to Sleep" ou "Please Stand Up". Intentando definilos, poderiamos falar dun pop con algún toque glam (a voz lémbrame á do vocalista dos Psychedelic Furs) e un leve arume escuro, coma uns Joy Division máis asequibles unidos á enerxía dun Pixies. Paga a pena seguirlles os pasos. PEPE CUNHA 8/10/05 Edita SINNAMON

big mama thornton with the muddy waters blues band

A impresionante cantante de blues Willie Mae Thornton, máis coñecida por "Big Mama" por mor dos seus inmensos corazón, voz e corpo, gravou no 1966 estas sesións xunto a unha banda de luxo naqueles tempos, a do gran Muddy Waters. Entre os moitos momentos a destacar, os achegamentos aos espirituais "I Feel The Way I Feel" e "Guide Me Home", o impresionante piano de Otis Spann na balada "Life Goes On", as harmónicas de "Big Mama´s Shuffle"... En definitiva, toda unha mostra do mellor blues clásico nunha reedición do 2004 do selo Arhoolie, que engade 6 cortes inéditos a do 1966. Distribúe Rresistencia. PEPE CUNHA 6/10/05