discos
outono 2005 (4)
máis en arquivo
en otro tiempo, en otro lugar
love is not in your mind
burgas beat
ni una sombra en el horizonte
arto tunçboyaciyan
bell orchestre
recording a tape the colour of the light
sinnamon 100 %

josé ignacio lapido

arto tunçboyaciyan love is not in your mind

Tras ter traballado con moitos grandes de diversas músicas (Chet Baker, Omar Faruk Tekbilek, Gerardo Núñez, Al DiMeola....) este comprometido e apaixoado percusionista e vocalista teno moi claro: "Sin perder a túa identidade, consegues extender a túa imaxinación". Neste proxecto de dúo xunto a Vahagn Hayrapetyan, pianista e teclista da Armenian Navy Band, ofrece a súa ampla visión do amor. Chámanlle folk de vanguardia, pero calquera etiqueta antóxaseme curta para definirmos un sons tan emocionantes. Nun libreto con fermosas notas podemos ler que ata aparce un instrumento novo: unha sorte de pequeno laud chamado bular no tema "New Flower". PEPE CUNHA 6/10/05 Distribúe Resistencia.

bell orchestre recording a tape the colour of the light

Este proxecto ecomezou creando música para poñer nunha escola de baile. Dous anos despois "emancipáronse" da idea orixinal para seguiren experimentando coa mente posta na música de cámara, o post punk ou na electrónica contemporánea. Entre os seus membros, a Bell Orchestre conta con dous compoñentes de Arcade Fire, unha das bandas máis interesantes do pop independiente dos últimos anos. Se queres deixar voar a túa imaxinación, estes instrumentais poden ser unha inspiradora banda sonora. Eles citan influencias coma Aphex Twin, Kronos Quartet ou a Penguin Café Orchestra. A ver qué te suxiren a ti. Edita SINNAMON RECORDS PEPE CUNHA 6/10/05

sinnamon 100 % 100 referencias: un recopilatorio inesquecible con cd e dvd para celebralo :
nota de prensa: Sinnamon Records llega a la referencia 100 y para celebrarlo edita un disco capaz de resumir el espíritu de estos tres años de trabajo. Un álbum golosina cuidado al milímetro. Desde la fantástica portada de Aramburu, a cada uno de los clips y extras del dvd de regalo y, por supuesto, a los cortes de un cd en el que se incluyen temas inéditos, directos y rarezas de Pulp, Belle & Sebastian, Astrud, The Libertines, Super Furry Animals, Fernando Alfaro, Adam Green, The Czars, Art Brut... Un disco pensado para todos aquellos que gracias a su amor a la música nos han permitido llegar hasta aquí. SINNAMON RECORDS

josé ignacio lapido en otro tiempo, en otro lugar

Tras "Ladridos del perro mágico", o mini-álbum "Luz de ciudades en llamas" e o segundo longa duración "Música celestial", chegan estas doce novas cancións do ex guitarrista e compositor da gran banda granadina 091. Nuns tempos complicados(?) para as grandes discográficas e tras a desaparición de BigBang, súmase á corrente da autoedición co seu propio selo: Pentatonia records. Nesta ocasión, a súa base clásica de rock envolve uns textos menos densos pero que non renuncian ás imaxes poéticas marca da casa. Os estribillos saen reforzados nos temas con máis velocidade "No digas que no te avisé", "Bellas mentiras" "Más difícil todavía", "Agridulce", o sinxelo "La antesala del dolor", nunha das súas escasas cancións de amor("Por sus heridas") e as fermosamente existenciais "Cuando la noche golpea el corazón" e "Con la lluvia del atardecer", e nos medios tempos coma "De espaldas a la realidad". O álbum mantén un excelente nivel xeral e soa a banda compacta (de feito no libreto aparecen fotografías dos seus acompañantes). Non é que enganche máis a cada escoita, senón que un mínmo de atención chega a provocar adicción. Para neófitos ou incondicionais: "Mientras Saturno devora a sus hijos/ Lapido escribe otra canción/ que habla de flores y alambre de espino/ de olvidos y de superstición./ De otro tiempo y otro lugar." web do artista PEPE CUNHA (6/11/05)

burgas beat ni una sombra en el horizonte

Esta banda ourensá herdeira de Cosecha Roja, entre outras formacións, debuta con 10 cancións gravadas en "Casa de Tolos", o estudio de Segundo Grandío. A unhas ben coidadas, e por momentos emocionantes, letras en castelán engádenlles un pop rock de influencia americana pouco sorprendente e algo carente de frescura. Desde logo resultan máis interesantes cando se soltan un pouco, coma en "Barrio" ou "Cuando llegue el buen tiempo", aínda que "Ritmo secreto", "Buenos propósitos" ou a tenra "Para eso" compensen esa certo encorsetamento ou falla de sorpresa. Como é política da súa discográfica ( RockIndiana ) a un prezo imbatible: 5 €. PEPE CUNHA (18/11/05)