


fito y fitipaldis por la boca vive el pez
Xa desde o sinxelo, homónimo do álbum e adianto do mesmo, apreciamos unha producción (Joe Blaney e Carlos Raya) e un son tremendos. Sen perder nen un chisco sa súa identidade na composición, especialmente nos textos, Fito remoza unha banda de acompañamento onde só continúa o saxo de Javier Alzola, outro rasgo ben distintivo do que ata agora fora o son Fitipaldi. Para os que estean máis ao tanto de músicos reputados: Carlos Raya nas cordas, Candy Caramelo no baixo, José "El niño" Bruno na batería, Joserra Senperena no hammond... e algunha colaboración máis como Luis Prado (Sr. Mostaza) na versión en clave boogie-rocanrol do "Deltoya" de Extremoduro. Os seguidores e os menos familiazrizados con Fito atoparán neste 4º álbum de estudio moitos grandes temas: o instrumental "214 Sullivan Street, tan americano como o ton xeral , o futurible sinxelo "Viene y va", a divertida "Yo no soy Bo Diddley", a recuperación en clave espida do "Abrazando la tristeza" de Extrechinato y Tú só con Fito e un sempre magnífico Raya, "Me equivocaría otra vez", a balada "Donde todo empieza", "Sobra la luz"... Por citar algún tema frouxo, o prescindible por letra ben tópica "Esta noche". Pero o raro sería que discos coma este non arrasasen entre un público ben maioritario, pois reúnen calidade e accesibilidade. Benvidos sexan traballlos así para sanear as listas de vendas e as radiofórmulas. PEPE CUNHA 16/10/06 web artista.
pando snapshots of pando
Entre 1997 e 2002 este personaxe pouco convencional viviu en Zaragoza e sacou dous álbumes con Kerkhoff e debutou en solitario no 2000 con "We Want Pando". Esta divertida segunda colección amosa 21 cortes escollidos entre os máis de 60 que gravou en catro anos no seu home-studio londinense. Así, nalgo máis de 40 entretidos minutos atopamos, entre sons pop, country ou folk, falsetes, parodias ou homenaxes como "Used to / Folky Dokey / Folk Me", pezas de menos dun minuto, letras delirantes, bacilonas como "Earthlings", momentos puramente Zappa como "Who Goes There?/Light Pllution", pero sobor de todo moitas delicias: "My Love Shines", "A Bit of Alright", "She´s a Mooslen", "I Don´t Believe in Jesus" ou "Tell Your Mama to leave Me Alone". E o instrumental "Last Meeting In Paris" despexa calquera dúbida sobre o seu bo gusto e calidade tocando a guitarra. "Pando es un crack" reza a folla promocional. Un subscríbeo, pois con artistas coma Pando faise máis entretido mergullar entre os lanzamentos discográficos. PEPE CUNHA 16/10/06 Hall of Fame Records. Pando en My Space
rubin esperando el fin del mundo
O grupo arxentino Grand Prix xa editara en España con Rock Indiana o seu segundo álbum "Lejos", e agora DRO preséntanos o debut en solitario do que fora o seu líder: Sebastián Rubín. Unha colección de cancións de pop luminoso, coas súas harmonías, retrousos contaxiosos, ramalazos guitarreiros, toques retro. Elvis Costello ou Teenage Fanclub veñen inmediatamente á mente mentres un comeza a tararear, sen case darse de conta, "Odio el amor", "Yo me quiero enamorar", "Follow Me Down", "Mejor si no estás" ou "El genio de la soledad", por destacar só algunhas mostras da entre a estupenda calidade xeral das catorce redondas cancións. Se gostas do pop clásico atoparás moitísimo disfrute nas composicións e interpretacións de Rubín. Con respecto da edición de Scatter Records en xullo deste mesmo ano, a española ofrece tres temas máis, incluidos no EP inédito en España "Viva la Vida" e remasterizados para a ocasión: "The Peeble Song", The Opposite of Me" e "Del lado del sol". Web do artista PEPE CUNHA 16/10/06
speedbuggy usa valle de la muerte
Cuarteto de estrada, de son e look inequivocamente americano: tupés, camisas negras, campeiras, guitarras, mandolina, pedal steel, baixo, batería e percusións a ritmo de boogie, rock and roll, rockabilly ou country. Algo máis de media hora con algún tema estupendo como a instrumental "Gatemouth to Kingsway", un bo ton xeral tanto nas aceleradas "Engine #9" ou "Hombre amargado" coma na baladas "Shadow On The Grave" ou "Close Down" e algunha peza bastante prescindible coma "All Washed Away". De seguro os seus directos son dos que fan afección. Iííííja ! PEPE CUNHA 13/10/06
