

magín blanco
magín blanco realidad
Tras o xa comentado aquí "Ella", chega xa o segundo traballo de quen fora compositor e cantante de La Rosa. Xa pola vista destaca de primeiras a fermosa presentación en digipack con pinturas, ilustracións, fotos e textos de Camilo Franco e o propio Magín inspirados nas 10 cancións do álbum. No musical apréciase unha liña continuista pero non estancada, senón ben pulida. A proposta de inspiración pop folk, coa influencia dos grandes songwriters norteamericanos e nos textos melancolía, madurez, ironía, cercanía, sinceridade. Un traballo ben coidado, coa mesma banda de apoio que no debut en solitario e na que destaca Pepe Losada na eléctrica. Entre as destacables, a balada que abre o disco ("El corazón de los pájaros"), unha canción xa coñecida (foi presentada ao concurso Apologhit de Vieiros e a Radio Galega) aparece agora na súa versión en castelá ("La fiesta)", a sinxeleza do único tema en galego "Revelación", o aire de corrido de "Mi borrachera", o medio tempo "Hielo sobre hielo" co chisco final a "Like a Rolling Stone" versión Proscritos. Edita PAI Música. PEPE CUNHA 16/10/07
la pegatina al carrer !!!
Primeiro álbum dunha formación bastante nova que chega coa súa rumba urbana desde onde tiña que ser, da área de Barna. Mesturan castelán, catalá, galego, francés ou inglés e contan con moitas colaboracións coñecidas na escea da mestizaxe: Gambeat (Radio Bemba) encárgase dos baixos do álbum, dous Che Sudaka colaboran en "No a la guerra", Emma Calafell en "Petrolero" (sobra decir de qué vai o tema)... O tema "O camareiro", que xa coñecimos coa colaboración de Manu Chao no recopilatorio "A Per Loca", aparece nunha nova versión. Sen dúbida, unha banda de directo, o que está ben se procuras retrousos pegadizos, bailoteo, frescura, inmediatez .. ou menos ben se queres algo novo ou con maior calidade musical. Eles teñen claro qué mensaxe queren transmitir e teñen tempo dabondo para crecer coma músicos. Olla este vídeo en You Tube na sala Sidecar de Barna. PEPE CUNHA 16/10/07
silvia penide desafinante crónica
Un aínda é un chisco romántico e cando recebe un disco presentado dun xeito tan coidado e detallista ( ben pola editora Falcatruada ) sumado á tan aberta cualidade humana que transmite esta paisana de preto da Coruña ... pois iso, que se fai difícil ver cousas negativas desde un punto de vista crítico. Seguimos atopando o selo Penide de cancións abertas, cercanas, sinceras, confesionais como poucas compositoras da súa idade. Sen grandes alardes instrumentais, aínda que se notan máis detalles nos arranxos e maior manexo da voz. Algo que non pode estrañar a quen a viu en directo, onde transmite a súa paixón de comunicarse cada vez o mellor posible con quen se para a escoitala neste mundo sen pausas e sobrado de frialdade. Mais con respecto de "Kilómetros" e "Invisible", atopamos unha produción e un son correctos, máis forza de crer en si mesma en "Reventaba" ou "Grandegigante" e o seu lado máis doce e sinxelo en "Cuando aún es de día", "Tenemos una casa". Ela segue crecendo con paso firme e sen présas. En MySpace. PEPE CUNHA 17/10/07
pablo moro smoking point
Aínda que encaixa na categoría de cantautor roqueiro urbano, sae airoso da fuxida dos clichés, dos lugares comúns dos textos. Esta escea baséase moito na credibilidade, na identificación co que o autor nos conta, e a este asturiano poderiamos situalo, máis cerca do Quique González dos primeiros discos que de Carlos Goñi (Revólver). Atopamos citas a pelis de Scorsese, libros de Allen Ginsberg, personaxes da noite, relacións persoais, cunha linguaxe coidada pero directa. Insiste nos retrousos, máis roqueiro que cansautor (perigosamente cercano a Ismael Serrano no single "Palabras gastadas de amor"), máis pop en "El rey de la noche"e en "Chicos listos", swing en "Otra persona", máis folkie en "Pídeme", un toque negroide en "Palos de ciego"... Haberá quen fale de pose (como na foto da portada do álbum) pero se falamos das historias, as cancións e sobre todo a cualidade da produción estamos ante un traballo máis ca digno e por momentos ben disfrutable. PEPE CUNHA 19/10/07


al carrer !!