discos
primavera 2006 (3)
máis en arquivo
bobby hebb
that´s all i wanna know
hefner
the best of hefner
kiss away the rain
euro-trash girl

una historia del pop y el rock en españa. Los 80

dayna kurtz
another black feather

bobby hebb that´s all i wanna know

Aproveitando probablemento o exitoso regreso de grandes coma Al Green ou Solomon Burke, 35 anos desde “Love Games” para Epic Records en 1970, podemos disfrutar dun álbum do compositor e cantante daquel marabilloso “Sunny”. Aínda que este é o terceiro disco publicado por Bobby Hebb, debemos sinalar que en 2002 grabou un álbum xunto o seu amigo Bernard “Pret” Purdie e que tamén é responsable dunha colección de temas orquestrados a principios dos oitenta e doutro publicado a finais dos setenta ademais de numerosas demos en todos estes anos. Mais este “That´s All I Wanna Know” é o seu primeiro disco comercial desde 1970 e nel atopamos soul en moitas variantes Northern soul( "Love, Love, Love"), Southern soul (o "That´s All I Wanna Know" de James Carr), soul rock ("Cold, Cold Night"), country soul ("Proud Woman"), blues soul... , unha versión do "Cold Cold Heart" de Hank Williams, e por suposto unha fermosa versión de seu "Sunny" acompañado por Astrid Horth. Un coidado traballo entre productor e artista, bos músicos de estudio, unha boa voz, sen excesos, para un disco disfrutable. (Tuition-DOCK). Pepe Cunha (02/04/06)

hefner the best of hefner

Agora que o que fora seu líder, Darren Hayman, edita en solitario, publícase esta recopilación desta banda de pop alternativo británica. Trátase de 20 cancións que pertencen aos seus sinxelos, acompañados das dúas caras do seu inencontrable debut (" A Better Friend " e" Christian Girls "), dos seus discos e versións alternativas dos seus lanzamentos en Too Pure. Unha banda peculiar: as portadas tipo cómic, o toque nasal da voz de Darren Hayman, cancións rebosantes de ironía, dúbidas, neuras, relacións románticas e un agudo sentido do humor na tradición duns Jarvis Cocker (Pulp) ou Ray Davies (The Kinks). Este é un bo momento para (re)descubrir "The Greedy Ugly People", "The Day that Thatcher Dies", "The Hymn for the Cigarettes", "When The Angels Play Their Drum Machines"...Hefner fixeron alomenos tres moi destacables: "The Fidelity Wars" (´99), "We Love The City" (´01) e "Dead Media" (´02) e deixárono antes de baixar o nível. Non moitos poden dicilo. DOCK Pepe Cunha (02/04/06)

euro-trash girl kiss away the rain

Estupendo segundo álbum desta xove banda valenciá que fai pop con clara influencia estadounidense (nomes coma Cracker, Lemonheads, Tanya Donnelly...). Media hora de boas melodías e guitarras contundentes que se escoita con moito agrado se te deixas levar e non agardas sorpresas. As leccións de estilo están ben aprendidas nestas 10 efectivas composicións, coidadas á vez que directas, elegantes e frescas, agradables de escoitar e máis coa voz de Judit Casado á fronte. Temas coma "Radar Love", "Long Winter To Come", "No Time To Stall" ou o encantador medio tiempo "Stay Overnight" invitan voltar pinchar o álbum. (Zebra Records, 2006). PEPE CUNHA 27/03/06

una historia del pop y el rock en españa. Los 80

Unha mágoa que para cubrir esta década non se lle encargara esta recopilación a xente máis "ao tanto" na mesma coma Diego A. Manrique ou Jesús Ordovás pois, comparada coas seleccións precedentes, ésta antósaxeme máis que prescindible. ¿Qué criterio se segue, se é que se segue un único? ¿Popularidade, vendas, repercusión, significación? Ás veces uns, ás veces outro, dando coma resultado a incoherencia. Sempre é doado lembrar os que non están, pero véñenme a mente, por exemplo, éxitos coma "El pistolero" de Pistones, "Galicia canibal" dos Resentidos, algún tema de Siniestro Total ou Gato Pérez, a loucura de Derribos Arias...cando si aparecen La Trinca (!!!), Orquesta Platería, Francisco, Rafael, Antonio Flores, Alarma . Afortunadamente, as imprescindibles ("Escuela de calor", "Calle Melancolía", "Déjame", "Cruz de navajas" "Cuatro rosas", "Chica de ayer", "Los rockeros van al infierno", "Maneras de vivir", "Las chicas son guerreras", "Rock and Roll Star", "Salta !!", "Devuélveme a mi chica", "Amante bandido", "Embrujada"...) veñen acompañadas de fermosas pezas representativas da movida aínda que pouco "masivas" coma "Arponera" dos Esclarecidos, "Yo tenía un novio..." de Rubi y los Casinos ou "Malos tiempos para la lírica" de Golpes Bajos. Por sorte, dos 80 xa contabamos con mellores recopilacións no mercado. PEPE CUNHA (22/03/06)

dayna kurtz another black feather

O seu terceiro traballo contribúe aínda máis a confirmar a esta songwriter estadounidense no máis alto dos talentos saídos da música de raíces daquelas latitudes. Desde o sorprendente inicio dunha "From the Bottom Up" chea de palmas e coros, a súa marabillosa voz segue a ampliar rexistros e a súa retirada ao deserto na procura de concentración entrega coma froito cancións tan estupendas coma "Nola", unha fermosísima e sentida homenaxe a New Orleans envolta en acordeóns, pianos e violíns, "Showdown", a fronteriza "Venezuela", a furiosa "It´s the Day of Atonement, 2001" contra os "hipócritas que se benefician das guerras"...non hai ningunha que sobre e un segue a disfrutar a cada nova escoita. Se lle sumamos o tex-mex de "Right For Me" acompañada do artista local Jim McCormick, a recreación jazzy do "All Over Again" de Johnny Cash e o "Hope She´ll Be Happier" do gran Bill Withers. Se gostaste dos seus dous primeiros álbumes, seguirás enganchad@ a unha voz que pode ser doce, desgarradora, profunda, pero sempre emocionante. Se non a coñeces, xa estás tardando en faceresche un agasallo. Distribúe DOCK . PEPE CUNHA (20/03/06)