discos
comentados en setembro 07
máis en arquivo

el parrarayos

xazzar

los días cambiantes de el pararrayos

O terceiro disco desta banda ourensá liderada por José Lameiras (compositor, voz e deseñador do cedé) foi editado ao comezo do verán. Na procura de creatividade e eclecticismo, atopamos nada máis e nada menos que 19 cancións dos máis diversos estilos (música electrónica, new wave, folk rock, instrumentais...), algo que agradecerán os oídos inquedos a pesar dos comprensibles altibaixos na intensidade. Ben polo esforzo de que cada canción se defenda como tal por si mesma, alonxada da habitual mestura carente de sentido. Sen embargo a banda ten que seguir crecendo tras este meritorio esforzo e ir afianzando un estilo máis persoal e consolidado, algo que van atopando nas letras pero aínda non na voz. En My Space. PEPE CUNHA 18/09/07

viento de octubre poemas de Jesús Hilario Tundidor cantados por Moncho Otero y Rafa Mora

Fermosa presentación en formato disco-libro para envolver as respectuosas musicalizacións que dos versos de Jesús Hilario Tundidor fan Moncho Otero e Rafa Mora. Ás melodías e voces elegantes destes únense os arranxos musicais de Eduardo Tarilonte e as fotografías de Alberto Hilario Silva. Ademais as colaboracións de Luis Pastor en "Entre los dos puentes", Lucía Caramés en "Célibe" ou Carlos Chaouen en "Collage III" inciden na calidade deste coidado traballo, onde pezas como "Sombra blanca", "Mara blanca", "Dialéctica" ou "A una araña" conseguen alonxar a sombra do "cansautor" polo seu risco e valentía, achegándose ora a uns Radiohead, ora aos Stones ou Serrat. Un esforzo ben agradecido. RTVE Música. PEPE CUNHA 24/09/07

harlan t. bobo I´m Your Man

Un ano despois do seu debut "Too Much Love" (´06) este talentoso songwriter estadounidense volve abraiar á crítica, agora nunha colección máis variada estilisticamente. As cancións de Bobo soan refrescantemente doadas e orgánicas, afastadas de grande detallismo e produción, directas, espidas, pero á vez tan premeditadas como as súas letras. Conquistou New Orleans coa súa aprendizaxe, intensidade, talento e magníficas cancións que tanto poden lembrar a Nick Cave ( "Baptist Memorial"), ao Beck máis acústico e menos pretencioso ("I´m Your Man") ou ao rock indie e guitarreiro estadounidense dos 90 ("God´s Lamb")... "My Life" é un pop máis clásico. Canto máis se escoita máis atrapa. Editan Goner-Houston Party Records. PEPE CUNHA 25/09/07

xazzar que no s´escapin els gossos

A banda catalá gañadora do concurso Sona 9 do 2006 debuta discograficamente con estas once + unha composicións propias, cantadas en castelán, catalán e francés. Coa frescura propia da súa xuventude e a formación musical dada por seren estudantes da ESMUC (Escola de Música de Cataluña) mesturan con acerto música klezmer, folk, jazz, swing, charlestón ou chançon francesa. Falan de amor, de festa, incitan ao baile e a unha actitude positiva ante a vida. Clarinete, batería, baixo, piano, acordeón, violíns e a destacable voz de Miranda Gas fan deste disco unha das gratas sorpresas da temporada. Especialmente recomendado para o público seguidor das propostas mestizas de maior calidade (Dusminguet, Amparanoia...). PEPE CUNHA 20/09/07

viento de octubre
harlan t. bobo

poemas de Jesús Hilario Tundidor cantados por Moncho Otero y Rafa Mora

que no s´escapin els gossos
los días cambiantes de
I´m Your Man