discos
comentados en xaneiro 08
máis en arquivo

hedtrip

los números 1 de Clásicos Populares

hedtrip roma

Terceiro disco para esta banda barcelonesa de rock en 10 anos en activo. Xa chama a atención desde a portada, coas nais dos integrantes da banda, e na primeira escoita, pois este quinteto esfórzase por non se repetir e este quizais sexa o seu disco máis accesible. Non é que perdan un chisco de carácter e enerxía, ben acentuada pola produción de Eskil Lövström (Refused, The Hives, Hellacopters), pero si soan máis accesibles, con a strokiana "Whenever" como extremo máis pop. "Roma" é unha entretida colección de 10 cancións guitarreiras, proteicas e densas, por momentos bailables como "Let Me Flow" ou "Rhythm Delight", co toque funky de "Dancing Woman", e coa excepción de "A Call in the Room", a nota máis pausada entre tanta guitarra abafante a pesar do peso da melodía. Podes escoitalos no seu My Space ou na web da súa discográfica Aloud Music e comprobar que si hai unha banda estatal esquivando encasiñamentos dentro do rock, esa é Hedtrip. PEPE CUNHA 06/1/08

vv aa una historia de la censura musical en la radio española

"La censura musical en la radio española” es un trabajo en el que se reflejan los títulos que fueron censurados, prohibidos o calificados como “no radiables” en aquellas listas del Ministerio desde 1957 hasta bien entrados los años sesenta. Casi siempre –aparte lo político que será de mayor incidencia en los años 70- es por causas de la moral para evitar los peligros de lo libidinoso. Aunque la mayoría de las veces es por algo tan simple que hoy nos haría sonreir, si no hubiera hecho llorar en su momento.“ Así resume José Manuel Rodríguez, "Rodri", este seu traballo recopilatorio para RTVE Música. Mario Clavell "El hombre es como el auto", Pedro Infante "El gavilán pollero" , Olga Guillott "Miénteme", Yves Montand " À Paris", Edith Piaff "Hymne à l´amour", "Calma ese fuego, muchacho" de Manolo Escobar, Gloria Lasso, Carmen Sevilla, Sara Montiel, Jorge Sepúlveda, Lucho Gatica, Conchita Piquer, Cliff Richard, Marifé de Triana, Enrique Guzmán ... Cousas fermosas, simpáticas, e incluso un punto "horteras", para un traballo magníficamente presentado e cun entretido libreto. RTVE Música. PEPE CUNHA 06/1/08

aeropuerto el aspecto del alma

Tras un EP de presentación, aquí está o debut que vén confirmar a boa acollida colleitada polas súas primeiras cancións. De feito foron segundos clasificados no Proyecto Demo 2007 do FIB. Fabrican unha música elegante, que procura a emoción que proxectan as letras cantadas pola agradable e crible voz de Jordi Santos á fronte. Asinan varias cancións destacables, como o sinxelo de certo aire dramático "Cruces en el suelo", "El aspecto del alma", "Demonios y reproches" e a miña favorita, por máis luminosa, "Las puertas del mediodía" claro exemplo do seu traballo desde un esqueleto pop que rodean de efectos noise, toques psicodélicos e incluso ventos, como tamén fan en "Libélulas". Outras pezas tamén aportan o seu traballo con estructuras algo máis complicadas e espaciadas, como a que titula o álbum ou os 8 minutos de "El punto de ebullición" que pechan o álbum. Ben interesante esta banda barcelonesa, especialmente para quen teñen querencia pola escena independiente estatal. Edita CloserRecords. En MySpace. PEPE CUNHA 06/1/08

nao as palabras espidas

Esta nova banda galega camiña con paso firme polos camiños do rock. Na súa curta traxectoria xa espertaron bastante interés tocando diversos palos do rock duro (hardcore, metal, punk, metal...) e destacando nos seus concertos pola enerxía e a entrega. Ademais, para este seu primeiro longa duración recorren á sempre segura produción de Kaki Arkarazo (Negu Gorriak, Diplomáticos, Nación Reixa...). A súa clara aposta polos textos procura certo ar poético para falaren de amor, compromiso social ou desamor, lindando en varias ocasións coa espesura, todo sexa dito. Mais nun debut está ben que teñan miras amplas que co tempo irán concretando en favor de cancións máis redondas. Aquí polo menos xa destacan "Xogando á contra", "Só quero un adeus", "Desexos" ou "As palabras espidas", o que supón un bo balance para este debut. En My Space. Edita Kamikaze Producións. PEPE CUNHA 06/1/08

los números 1 de clásicos populares

Se hai un programa musical radiofónico en España que non necesita presentación tanto pola súa lonxevidade como pola cantidade de premios colleitados ese éo "Clásicos Populares" de Fernando Argenta. E xa non só o programa en si senón tamén son famosas as súas compilacións de obras clásicas. A que nos ocupa nesta ocasión reúne "las obras que, entre todos los números uno de las clasificaciones a la Obra del Año, han tenido un mayor número de votos de los oyentes de Clásicos Populares, en toda la historia de este programa", comenta o propio Argenta. Mozart, Bach, Schubert, Schostakovich, Piazzolla, Rodrigo, Wagner, Brahms, ... Un seguro, vamos. PEPE CUNHA 06/1/08

una historia de la censura musical en la radio española
aeropuerto
as palabras espidas
roma
el aspecto del alma
nao