discos
comentados en xullo´06
máis en arquivo
xabier díaz
músicas de salitre
mafalda arnauth
diário
ballads
omar sosa
stay
Sings So Slow
néstor mir
de l´amour à l´abîme

xabier díaz músicas de salitre

O cantante da Nova Galega de Danza gravou guiado pola hábil man musical de Guillermo Fernández un álbum fermoso, conxugador de tradición e modernidade. Xa ten uns meses, pero aproveitamos a xira de Xabier Díaz coa Nova Galega para recuperalo. Unha verdadeira mostra de madurez para a música feita en galego, unha proposta cos pés no chán, atenta ás realidades do país á denuncia ("Chuvia"), aberta á tradición ("Labradas") e a modernidade ("Rapapote") en atinada relectura e revitalización da tradicións ("Pedra de sal"), musicando poemas ("Pastora" de Uxío Novoneyra) podenos lembrar a Amancio Prada, mentres que "Rapapote" está máis preto de Nación Reixa, por citarmos dous extremos. A voz de Xabier é fermosa e o arroupo musical de Guillermo exquisito. PEPE CUNHA 10/07/06 web artista.

Concertos de Xabier na xira de "Engado" coa Nova Galega de Danza

Agosto 05 Ferrol ; 08 Boiro ; 10 Pontevedra ; 12 Ribeira
Outubro 28 Pontevedra
Novembro 10 Vigo
Nadal 2 Arteixo

mafalda arnauth diário

Terceiro disco para consagrar a esta portuguesa de fermosísima voz. O hermetismo do fado xa non é tal en mans dunha intérprete segura e decidida, que nos canta sobre anguria, ensonación e desilusión, pero tamén de ledicia. O disco escoitase con facilidade e pracer, agradecéndose tanto as composicións propias coma as relecturas de pezas de Tom Jobim, Vinicius de Moraes ou Charles Aznavour. Para que nada falle, a producción e os músicos están á altura da calidade interpretativa de Mafalda. Música para disfrutar afastándonos da voráxine de mediocridade, urxencia comercial e ops prexuizos estilísticos. PEPE CUNHA 10/07/06 web ; edita Resistencia

omar sosa ballads

A cara máis asequible deste reputado pianista de jazz brasileiro está ben condensada neste repaso das baladas aparecidas nos seus traballos entre 1997 e 2000. "Ballads" constiitúe un fermoso ponto de parrtida cara a achegarse ás románticas armonías do jazz latino, mais se procuras un repertorio maís innovador e arriscado, menos complacente e probablemente o que lle granxeou a súa reputación, achégate aos seus álbumes "Free Roots", "Spirit of the Roots", "Bembón" ou "Prietos". PEPE CUNHA 10/07/06 web artista

stay sings so slow

Esta banda barcelonesa xoga ás boas melodías do pop e os coqueteos coa psicodelia, o garaxe, o folk... Este mini álbum ou supersinxelo de 4 temas máis vídeo clip de "So Slow" é xa a súa cuarta referencia en pouco menos dun ano, o que fala ás claras dunha actiividade fresca, entusiasta e inspirada. Concretamente atopamos o xa coñecido "Slow", extraído no álbum "Starting to Lose Control", 2 temas inéditos coma "Live On Hope" e "Makin´Time" e unha versión de The Creation, "The Sea". Os xogos de guitarras e os coros de inspiración Brian Wilson falan as claras das boas influencias do pop clásico de distintas épocas (Teenage Fanclub, The Posies, The Holies, The Who...) que atesouran á hora de entregaren boas cancións. PEPE CUNHA 10/07/06 web banda, web discográfica

néstor mir de l´amour à l´abîme

O que puido encomezar "coma un capricho": un E.P. en francés titulado "Les histoires de Sévérine" e unha continuación a modo de cd compartido con Vicente Palop, consolídase coma unha realidade a seguir neste sorprendente "De l´amour à l´abîme". Da man de Luis González (líder da Caballero Reynaldo e a discográfica Hall of Fame), fóronse gravando as 12 cancións deste álbum desde o principio cando menos interesante e coas escoitas chega a ser por momentos ben disfrutable:o toque americano de "Dans les rues" e "Route 66", a docemente romántica "Sans ton regard" e composicións tan encantadoras coma "Ce coin" invitan a escoitar con atención e agardar que a cousa vaia a máis, pero sen presas. Se ti tamén gostas da canción francesa máis moderna e desprexuizada, lánzate a visitar a web de Malatesta. PEPE CUNHA 10/07/06